Babilonia do Exipto

Babilonia do Exipto

Antiga cidade do Baixo Exipto, citada xa polos historiadores da Grecia clásica. Correspónde co actual Qa ṣ r al-Šhām, barrio do centro histórico do Cairo (al-Fustāt). Os romanos, que a chamaron Babylon, situaron, en tempos de Augusto, unha das tres lexións de Exipto. Foi conquistada polo Califa ‘Umar no ano 641. O nome mantívose durante a Idade Media en Occidente como sinónimo do Cairo.