"Fara" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 64.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome árabe do eclesiástico e escritor siríaco Gregorio Bar Hebreu .
-
PERSOEIRO
Escritor árabe emparentado cos omeias. É autor do Kitab al-agānī (Libro dos cantos), onde explica o ambiente histórico e cultural dos poetas e dos músicos árabes dende a época preislámica ata o s IX.
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da provincia de València (2.733 h [1996]). Cultivos da horta, cacahuetes, laranxas e limóns. Industria. Convento de sant Dídac (1595) e Igrexa de Sant Bartomeu (1732).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e filósofo cristián libanés. No 1897 emigrou a Alexandría, onde fundou a revista Al-Gāmi’a (A Sociedade). Como filósofo polemizou con Muhammad ‘Abduh na obra Ibn Rušd wa-falsafatuhu (Averroes e a súa filosofía, 1903).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Sopro de aire, de bafo ou doutro gas.
-
Cheiro intenso e desagrable que exhala alguén ou algunha cousa.
-
Hálito que cheira mal.
-
-
-
Cantidade de aire expulsado ao bufar.
-
Golpe repetido de vento forte e violento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Al Ǧ ifāra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Confundir ou mesturar cousas sen xeito e sen ningunha orde.
-
VER O DETALLE DO TERMO
esmigallar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade estado de Mesopotamia, coñecida como Šuruppak, e situada a 60 km ao L do Éufrates. Segundo os restos localizados nas escavacións realizadas entre 1902 e 1903 e en 1931, o seu poboamento estendeuse dende o IV milenio a C ata finais do III milenio a C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antroponimo feminino de orixe escura. Tal vez proceda do xermánico, como hipocorístico dos nomes compostos con *fara-, que indicaba un corpo de expedición formado por un grupo étnico ou familiar; do hebreo, latinizado en Phara ‘frutífera’, ou dunha probable orixe árabe. Santa Fara (ou Burgundofara) foi abadesa no s VII na abadía beneditina de Faremoutiers (Meaux). O seu culto principiou no s XVI, posiblemente traído de Francia por monxes bieitos. A súa festividade celébrase o 3 de abril.
-
PERSOEIRO
Cirurxián e anatomista. Foi profesor de anatomía na facultade de Medicina da Universidade de París (1886) e membro da Académie Française de Medicine. Ideou a sinfisiotomía, unha operación que facilitaba o parto.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo islámico. Coñecido en Occidente como Alfarabius e Abennasar, estudiou o aristotelismo cristián e tentou demostrar que a filosofía grega era suficiente para proporcionar explicacións válidas para o Islam. Afirmou que a omnisciencia divina non implicaba o determinismo, posto que a implicación dun feito polo correspondente coñecemento non é transferida ao feito mesmo. Comentarista de Aristóteles, identificou a doutrina deste coa de Platón. Foi autor de numerosas monografías sobre lóxica, física, metafísica, ética e política. Entre as súas obras destacan As opinións dos habitantes do Estado perfecto, Sobre o goberno político e Ih sā’ al-ulūm (Inventario das ciencias). Escribiu, ademais, un libro sobre música, que constituíu a exposición máis importante da teoría musical da Idade Media. Influíu especialmente sobre Avicena, Ibn Bağğa, Averroes e Maimónides.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade de capacidade eléctrica derivada do Sistema Internacional (SI). É a capacidade dun condensador eléctrico que posúe unha carga de 1C cando se lle comunica unha diferenza de potencial de 1V: 1F=1C/V. Na práctica, empréganse só os submúltiplos: o microfarad ou millonésima de farad (µF), o nanofarad (nF) e o picofarad (pF).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cantidade de electricidade necesaria para liberar ou depositar electroliticamente un equivalente-gramo de electrólito. Equivale a 96.489 coulombs.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cilindro metálico baleiro, conectado a un electroscopio provisto dunha escala graduada, que permite determinar a carga eléctrica dos corpos que se introducen nel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción dunha dobre refracción nun corpo ou nun líquido normalmente isótropo para a luz cando, mediante a acción dun campo magnético apropiado, se produce unha anisotropía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caixa pechada de tea metálica, en forma de gaiola, que ten a propiedade de illar o seu interior da influencia dos campos electromagnéticos exteriores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei fundamental do electromagnetismo, descuberta en 1831 e completada en 1945 por Neumann, que establece que, nun circuíto pechado sometido á acción dun campo magnético variable, se induce unha forza electromotriz proporcional á derivada respecto ao tempo do fluxo magnético que abarca o circuíto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Leis que rexen a condución da electricidade a través de disolucións electrolíticas. A primeira lei di que as masas das substancias que se depositan nos electrodos son proporcionais ás cantidades de electricidade que atravesan a disolución. A segunda lei di que se unha corrente atravesa diversas celas electrolíticas, conectadas en serie, as masas das substancias que se depositan nos electrodos son proporcionais aos equivalentes químicos de cada un destes.