Fara

Fara

Antiga cidade estado de Mesopotamia, coñecida como Šuruppak, e situada a 60 km ao L do Éufrates. Segundo os restos localizados nas escavacións realizadas entre 1902 e 1903 e en 1931, o seu poboamento estendeuse dende o IV milenio a C ata finais do III milenio a C.