Far West

Far West

Rexión dos EE UU comprendida entre o Mississippi e as Montañas Rochosas. O seu afasmento do litoral, onde se asentaran os primeiros colonos europeos, converteuno nun territorio no que se desenvolveu unha cultura peculiar durante os ss XVIII e XIX, baseada nun réxime extensivo e directo de explotación agropecuaria e na violencia nas relacións cos aborixes, cun modo de vida totalmente enfrontado e unha identidade nacional moi forte na maioría dos seus pobos. Coa construción do ferrocarril transcontinental a mediados do s XIX matizouse o seu carácter de rexión periférica respecto aos grandes núcleos urbanos de Norteamérica, localizados nas costas oriental e occidental.