bafarada

bafarada

(< bafo)

  1. s f

    Sopro de aire, de bafo ou doutro gas.

    Ex: No alto do outeiro as bafaradas son moito máis frías.

    Confrontacións: axada, refacho.
  2. s f

    Cheiro intenso e desagrable que exhala alguén ou algunha cousa.

    Ex: Cando descubrimos o cadáver da gata sentimos unha boa bafarada.

    Confrontacións: tafo, bafo.
  3. s f

    Hálito que cheira mal.

    Ex: Vai lavar os dentes, que botas unha boa bafarada.

Palabras veciñas

Baez, Joan | Baeza | bafa | bafarada | bafareira | bafento -ta | bafexado -da