Baez, Joan

Baez, Joan

Cantautora folk norteamericana, de nai escocesa e pai mexicano. Adquiriu fama no Newport Folk Festival de 1959 con baladas que incluían elementos do folclore negro estadounidense e que estaban comprometidas coas causas da non violencia e da paz mundial. A súa participación en mobilizacións en favor dos dereitos humanos xunto a Martin Luther King e en contra da Guerra do Vietnam supuxéronlle dous anos de prisión durante o mandato de Nixon. Entre os seus maiores éxitos están temas como: Kumbayá, The ballade of Sacco and Vanzetti, etc. Publicou varias coleccións de poemas e unha autobiografía.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Staten Island, Nova York