"Farnese" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • Liñaxe nobre italiana da rexión de Tuscia, orixinaria do castelo de Farnese (Lacio), os seus membros desde 1545 ostentaron o título de duques de Parma. Fundada no s X, o primeiro membro coñecido foi Pietro Farnese (s XII), señor de Farnese, conde de Orvieto e comendador da cabalería pontificia. O seu descendente Ranuccio Farnese o Vello (s XV), señor de Farnese, Montalto e Ischia di Castro e senador romano iniciou unha política de alianzas matrimoniais que permitiu o ascenso social da súa familia, protexida do Papa Uxío IV. O seu neto Alessandro Farnese (1468-1549), fundador da biblioteca Farnese, foi desde 1534 papa co nome de Paulo III. En 1545 converteu en ducados as cidades de Parma e Piacenza e cedeullas ao seu fillo Pedro Luís Farnese (1490-1547). Posteriormente destacaron Alessandro Farnese , duque de Parma (1545-1592) e militar ao servizo da Coroa de Castela; Ranuccio I de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Parma e Piacenza (1586-1592). Coñecido como O Gran Capitán, estivo ao servizo da Coroa de Castela. Combateu na Batalla de Lepanto (1571) e foi lugartenente xeral de Catalunya (1576-1577). En 1577 dirixiu os tercios italianos que, trala Batalla de Gembloux (1578), recuperaron as provincias católicas do S dos Países Baixos. Antes de morrer, Xoán de Austria nomeouno capitán do exército e gobernador dos Países Baixos (1578-1582), cargo que lle confirmou Filipe II. Tentou reunir as provincias valonas e en 1579 ocupou Maastricht e asinou a Unión de Arras (1579), na que se deu validez ao Edito Perpetuo e se decidiu a saída dos tercios casteláns de Flandres. O enfrontamento coas provincias do N, a Unión de Utrecht, produciuse trala proclamación do duque de Anjou como gobernador de Flandres (1581) e obrigouno a abandonar o sitio de Cambrai (1581) e asediar Anveres, que non capitulou ata 1585. En 1590, Filipe II enviouno a Francia para prestar axuda á Liga Católica no asedio de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filipe I de Parma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Isabel de Farnese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palacios que mandou construír Alexandre Farnese en Roma e Caprarola. O romano iniciouno Sangallo o Mozo (1514), continuono Michelangelo (1546) e finalizouno Giacomo della Porta (1580); foi decorado polos Carraci. O palacio de Caprarola realizouno A. Vignola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duquesa de Parma e raíña consorte de España. Casou en 1714 con Filipe V. Interveu de forma activa na política do monarca sobre Italia, onde conseguiu para o seu fillo Carlos o título de rei de Nápoles, e para o seu fillo Filipe o Ducado de Parma. Foi rexente ata que chegou o seu fillo Carlos de Nápoles (1759).

    VER O DETALLE DO TERMO