"Federico II" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 13.

  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia ( 1751-1771), primeiro soberano da dinastía Holstein-Gottorp, que subiu ao trono grazas á intervención rusa. Enfrontouse co Parlamento e interveu na Guerra dos Sete Anos (1756-1763) contra Prusia. No 1756 tentou un golpe de estado que fracasou, aumentando a inestabilidade do país, que será dominado por Rusia e Prusia dende 1764.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (1197-1250), duque de Suabia (1212-1216), rei de Sicilia (Federico I; 1198-1250), de Nápoles e de Xerusalén (1225-1240), fillo de Enrique VI. Enfrontouse á Liga Lombarda (1126), organizou unha cruzada (1227) e foi excomungado polo papa Gregorio IX (1227). Un ano máis tarde dirixiu a Quinta Cruzada na que conquistou o Reino de Xerusalén e pactou unha tregua de dez anos co sultán exipcio. Á súa volta a Italia, tras sufocar unha serie de rebelións, estableceu a paz e promulgou as Constitucións de Melfi (1231). Fundou a Universidade de Nápoles (1224).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca e de Noruega (1559-1588), fillo de Cristián III. A súa ambición por dominar o Báltico levouno a atacar Suecia en 1563 e iniciar unha guerra que finalizou coa Paz de Stettin (1570). Impulsou o comercio, as ciencias e as artes e foi o principal protector do astrónomo Tycho Brahe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Prusia (1740-1786), fillo de Federico Guillerme I. Rebelouse contra a educación imposta polo seu pai e tentou fuxir a Inglaterra en 1730, pero foi descuberto e fixérono prisioneiro. En 1740 accedeu ao trono prusiano e iniciou unha política militar de carácter expansivo. Durante a Guerra de Sucesión austríaca (1740-1748) ocupou a rexión de Silesia, ao tempo que lle ofrecía a súa axuda a María Tareixa de Austria a cambio da propia Silesia. Na Guerra dos Sete Anos (1756-1763), malia as derrotas fronte aos exércitos austrorrusos, conseguiu asegurarse Silesia. En 1772 repartiuse Polonia con Catarina II de Rusia, polo que engadiu aos seus territorios a Prusia polaca, Gdańsk e Thorn, e en 1779 obtivo os principados franconios de Baviera. Durante a Guerra de Sucesión de Baviera constituíu o Fürstenbund, unha alianza cos principes alemáns co fin de frear os intentos de Austria por reconstituír o Sacro Imperio Romano Xermánico. Expoñente do despotismo ilustrado europeo, reorganizou a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Sicilia (1296-1337), fillo de Pedro III de Aragón. Lugartenente xeral da illa trala morte do seu pai (1285), foi proclamado rei polos sicilianos en 1296. A súa oposición ao papado e a Carlos II de Anjou enfrontouno ao seu irmán Xaime II de Aragón, que o venceu na Batalla de Cabo Orlando. Asinada a Paz de Caltabellotta (1302), continuou como rei vitalicio e mantivo a independencia e a integridade do seu reino. Financiou varias expedicións de almogávares nas que se conquistaron os ducados de Atenas e Neopatria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Elector do Palatinado (1544-1556), fillo do elector Filipo I. Sucedeu o seu irmán Luís V. Estivo ao servizo de Austria e promoveu a elección do Emperador Carlos V.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (1452-1493), rei de Xermania e de romanos (1440-1486), duque (1439-1444) e arquiduque (1463-1493) de Austria e duque de Carintia e Estiria (1435-1444). Enfrontouse ao duque Alberto VI de Austria, a Sexismundo do Tirol e a Mateo de Hungría, ao apoiar o papado. Non obstante , o casamento do seu fillo Maximiliano con María de Borgoña (1477) asegurou a grandeza dos territorios dos Austrias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Federico I de Prusia

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca e de Noruega (1648-1670), fillo de Cristián IV. Declarou a guerra a Suecia en 1657. Tralo fracaso das accións militares perdeu Escania, Halland, Bornholm e Trondheim, aínda que trala sinatura da Paz de Copenhaguen (1660) recuperou as dúas últimas. Apoiado pola burguesía, proclamou o carácter hereditario e absoluto da monarquía (1660-1661) e confiou o goberno a un consello de Estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador alemán e rei de Prusia (1888), fillo de Guillerme I. Opúxose a Bismarck, pero distinguiuse na Guerra Franco-Prusiana (1870-1871). En 1888 foi coroado emperador pero morreu ao cabo de tres meses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Elector e duque de Saxonia (1486-1525), fillo do elector Ernesto I. Renunciou en 1519 á coroa imperial en favor de Carlos V. Fundou a Universidade de Wittenberg (1502) e deu refuxio a M. Lutero en Wartburg (1521) trala Dieta de Worms.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Sicilia e duque de Atenas (1355-1377), fillo de Pedro II de Sicilia. Defendeu o reino das pretensións dos monarcas napolitanos, que desembarcaron en Messina (1356), e da súa irmá, Leonor de Aragón, para o que se aliou con Xoana I de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Elector do Palatinado (1559-1576) e conde palatino de Simmern (1157-1576), fillo e herdeiro do conde palatino Xoán II. Educado na fe católica, casou cunha luterana e en 1546 adoptou o calvinismo, doutrina que introduciu no Palatinado. Esforzouse, sen éxito, por unir os príncipes luteranos contra Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO