"Feria" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación periódica editada entre o 21 de xullo de 1895 ata o 31 de octubre. Saía quincenalmente os días 15 e 30 de cada mes. Foi dirixida por Emilio Tapia e editábase en Mondoñedo, na imprenta Mancebo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura (1.412 h [1996]). A agricultura e a gandería son as principais actividades económicas. Vinculada ao señorío dos Suárez de Figueroa, duques de Feria, foi declarada Ben de Interese Cultural en 1970. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, a fortaleza da cidade de orixe musulmana, e as igrexas da Candelaria e San Bartolomé.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mostra de arte contemporánea fundada en 1982 en Madrid. Cunha periodicidade anual, está organizada pola Institución Ferial de Madrid (IFEMA) e o Ministerio de Cultura. A súa primeira directora foi a galerista Juana de Aizpuru e, dende 1985, diríxea Rosina Gómez Baeza. Referencia para a arte contemporánea en España, nela expoñen as galerías nacionais e internacionais de máis prestixio. Cada ano invítase a un país diferente que acode con galerías que representan os seus artistas. De xeito paralelo, organízase o Foro Internacional de Expertos en Arte Contemporáneo. En 1989 creouse a Fundación Arco, posuídora dunha colección de arte contemporánea depositada no CGAC de Santiago de Compostela.
-
DUCADOS
Título señorial concedido coa grandeza de España en 1567 a Gómez Suárez de Figueroa e Fernández de Córdoba (?-1571), descendente do nobre de orixe galega Gómez Suárez de Figueroa, primeiro señor de Feria, e de Lorenzo Suárez de Figueroa, primeiro conde de Feria (1460). No s XVIII, o título foi herdado pola casa de Medinacelli, que pasou a apelidarse Fernández de Córdoba-Figueroa.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Contorno dunha figura curvilínea.
-
Superficie exterior dun corpo.
-
Zona que rodea o centro dun espazo, especialmente a marxe de calquera entidade xeográfica.
-
Conxunto de periféricos conectados a un mesmo ordenador.
-
-
PERSOEIRO
Poeta e diplomático. Coñecido como Iorgos Seferis, en 1931 deuse a coñecer cun libro de poemas influído polo simbolismo e o hermetismo. Cónsul en Londres, publicou Mithistórima (1935), Diario de abordo (I-II e o III, dedicado á illa de Chipre) e, postumamente, Diario (1975-1978). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1963.
VER O DETALLE DO TERMO