"Fión" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

    1. Peixe da familia dos afiónidos.

    2. Familia de peixes da orde dos perciformes ao que pertence o xénero Sciadonus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fillo de Antíope e Zeus, e irmán xemelgo de Zeto. Aprendeu música coas musas e Apolo. Casou con Níobe, filla de Tántalo. Desesperado pola morte dos seus dous fillos, suicidouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Saviñao baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Saviñao. De construción románica, só conserva a ábsida de dous tramos: un rectangular, que se une á nave construída no s XVII, e outro semicircular dividido ao exterior en tres segmentos separados por catro semicolumnas pegadas, erixidas sobre plintos con garras, bases áticas e capiteis decorados. A bóveda da ábsida está cuberta con pinturas murais de finais do s XVI. Na casca absidal represéntase a Cristo como xuíz; no tramo recto hai escenas do xuízo e do martirio de san Lourenzo e unha representación do ceo estrelado co sol e a lúa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos fíos que unen unhas redes con outras para formar a arte completa de pesca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen porfía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ximnofións.

    2. Anfibio da orde dos ximnofións.

    3. Orde de anfibios que está formada por especies vermiformes, carentes de patas. Presentan a pel lisa e cuberta de escamas e adoitan posuír glándulas produtoras de líquidos irritantes. Habitan en rexións tropicais de África, América e Asia.

    VER O DETALLE DO TERMO