"Fin de" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • SEMANARIOS

    Semanario aparecido en Ourense o 22 de febreiro de 1962. Cesou a súa edición o 2 de marzo de 1963 (nº47). Editado pola empresa Publicidad Central, estaba dirixido por Ángel Huete. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Región. Contou coa colaboración de destacados escritores e intelectuais ourensáns. Incluíu, ademais dunha portada deseñada con debuxos de José L. de Dios, información cultural e turística, historia local, patrimonio artístico e notas de ocio, cine e espectáculos. Foi substituída por Mirador galaico, que mantivo os seus contidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Vigo o 21 de decembro de 1988. Subtitulouse “Semanario de actualidad”. Tratábase dunha guía de televisión con información sobre sucesos, sociedade, cociña, moda, concursos e un horóscopo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adega ourensá que destacou na comercialización de graneis. O seu propietario, o empresario Manuel Vázquez, promoveu posteriormente a moderna adega La Patena S A, en Santa Cruz de Arrabaldo, onde se elabora o ribeiro Fin de Siglo. Desta adega xurdiu o primeiro escumoso galego etiquetado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia conservadora aparecida o 11 de marzo de 1891 en Santiago de Compostela. Cesou a súa edición ao redor de decembro de 1892. Dirixida por Andrés Rey Varela, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Diéguez e Otero. Subtitulouse “Periódico de intereses materiales”. Nun principio foi bisemanal pero, a partir do 8 de agosto de 1891 (nº42), pasou a ser semanal. Incluíu, ademais de información xeral, crónicas locais e documentos históricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na Coruña a partir de 1978. Subtitulada “Información de Hostelería y espectáculos de La Coruña”, estivo dirixida por J. A. Gaciño Barral. Foi unha guía comercial e publicitaria da Coruña con crónicas de política local. Suspendida durante case un ano, reapareceu en xullo de 1979.

    VER O DETALLE DO TERMO