"Finisterre" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación mensual e bimestral aparecida en Bos Aires en 1927. Subtitulouse “Órgano de la sociedad Finisterre en América”. Dirixiuna Joaquín de Haz Ugarte. Contén fundamentalmente información societaria, completada con novas e artigos sobre a comarca de Fisterra, feitos históricos e poemas. Incluíu ademais abundantes fotografías de actos institucionais e imaxes de paisaxes de Fisterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación mensual editada en Pontevedra a partir do 1 de setembro de 1943. Subtitulouse “Revista de Galicia”. A partir de xaneiro de 1946 pasou a editarse en Madrid. Fundada e dirixida por Emilio Canda, na súa redacción tivo unha participación moi destacada Celso E. Ferreiro. Trátase da primeira publicación da posguerra que inseriu textos en galego. Ademais de informacións de actualidade, crónicas, biografías e pasatempos, incluíu recensións literarias e creacións en prosa e verso. En canto á temática, tocou temas relacionados coa antropoloxía, a historia, a literatura, a xeografía, a música, o teatro e as ciencias. No apartado fotográfico, reproduciu imaxes de Ksado, Chao e Pacheco. Entre xaneiro e decembro de 1947 (nº44), comezou unha segunda época baixo a dirección de Leopoldo E. Palacios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de periodicidade irregular editada polo Centro Coruñés de Montevideo entre o 1 de agosto de 1957 e o 1 de decembro de 1962. Dirixiuna a partir do nº8 Miguel Vázquez Valiño. Contén, sobre todo, información societaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na Coruña nos anos setenta do s XX. Levaba como subtítulo “Capitanía General de Galicia” e incluíu, ademais de noticias relacionadas co mundo militar, información sobre música, cine, saúde, deportes e humor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Vigo a partir de setembro de 1991. Impresa pola Editorial Eolia, subtitulouse “Revista del Círculo Psicoanalítico de Galicia”. En números seguintes pasou a subtitularse “Revista de la Sección de Galicia de la Escuela Europea de Psicoanálisis”. Dirixiuna Eugenio Castro. Nos seus artigos tentaba profundizar nas teorías de Freud coa intención de prolongar as súas investigacións. Neste sentido, céntranse nas teorías formuladas por Lacan e nos comentarios e críticas realizados ao redor da obra de Freud. Incluíu traballos sobre a neurose obsesiva, a sexualidade feminina, o desexo sexual, o racismo ou a paixón polo xogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alejandro Campos Ramírez.

    VER O DETALLE DO TERMO