Finisterre

Finisterre

Publicación mensual e bimestral aparecida en Bos Aires en 1927. Subtitulouse “Órgano de la sociedad Finisterre en América”. Dirixiuna Joaquín de Haz Ugarte. Contén fundamentalmente información societaria, completada con novas e artigos sobre a comarca de Fisterra, feitos históricos e poemas. Incluíu ademais abundantes fotografías de actos institucionais e imaxes de paisaxes de Fisterra.