"Follas Novas" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación, continuadora da Sociedad Coral y recreativa Follas Novas (1930), fundada no ano 1944 que centrou a súa actividade no campo da polifonía, tanto galega coma hispánica e estranxeira, así como no da música relixiosa, madrigalista e escénica. Tomou o seu nome da obra de Rosalía de Castro, feito que marcou o seu facer na polifonía galega pois o seu repertorio, en boa parte, constitúese por obras de distintos compositores baseadas nos poemas rosalianos. Composta por 60 voces mixtas, estivo baixo a dirección de Manuel Fernández Amor, Jesús González de Velasco, José Mir Félix, Rogelio Groba Groba, Edilberto Suárez Pedreira, Francisco Méndez Ruíz, Rogelio Leonardo de Bouza, Santiago Pérez Bernal, Jorge Berdullas del Río, Antonio Piñeiro Fernández, Viorel Tudor, Nicolás Cardaso Arrojo, Marta María Castanedo Sanmartín, Otilia Barón Ferrero e Julio Cabo Messeguer. Na súa traxectoria profesional destacan os concertos homenaxe dedicados a Xoán Montes (1949), Rosalía de Castro (1950 e 1975)...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra da autoría de Rosalía de Castro publicada en 1880 e dividida en cinco seccións de desigual extensión: “Vaguedás”, “Do íntimo!”, “Varia”, “Da terra” e “As viúdas dos vivos e as viúdas dos mortos”. É un poemario de gran riqueza expresiva, cunha clara intención social e de variedade temática. A visión do mundo é radicalmente pesimista, aínda que hai algúns poemas na liña de Cantares Gallegos nos que desenvolve temas e formas propios da lírica popular, como a preferencia pola asonancia e o emprego do romance cuarteto e seguidilla. Galicia e a sociedade están contempladas dende a crítica social; Rosalía expresa o seu desacordo ante as inxustizas, rebélase e pide unha vinganza que manifesta a súa intención de protesta social que ten orixe na súa identificación solidaria cos que sofren e cos marxinados. Son continuos os ataques á Igrexa e á súa hipocrisía (“Brancas virxes de cándidos rostros”, “Decides que o matrimonio”, “Tembra un neno no húmido pórtico”, “De balde”), tema que se...
-
SEMANARIOS
Semanario de tendencia galeguista editado en 1897 en La Habana. Tivo como subtítulos “Revista semanal ilustrada” e “Semanario científico, literario y defensor de la colonia gallega”. Cesou a súa edición o 6 de setembro de 1908. Fundada por J. Raimil e Antonio de P. Cea, foi dirixida en distintas etapas polo propio editor Antonio de P. Cea, Alfredo Fernández e Adelardo Novo. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Manzana Central. Tratábase dunha revista de información xeral que se ocupaba da vida social da colonia galega e española en Cuba. Nos seus contidos amosa unha preocupación pola identidade de Galicia e analiza temas históricos, como os dos mártires de Carral.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Bilbao a partir do 1 de marzo de 1989 pola Casa de Galicia. Dirixida por José A. Fernández, trátase dunha publicación societaria dirixida á xuventude deste centro galego. Contén novas anecdóticas da entidade, seccións de ocio e pasatempos, xunto con algunha entrevista. Incluíu tamén abundantes fotografías e debuxos. Está relacionada coas publicacións O Noso Afán, Cultura, O Curruncho, O Currunchiño e Revista de la Casa de Galicia, editadas na mesma cidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade editora fundada por Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda en Bos Aires o 15 de xullo de 1957. No período 1961-1964 dirixiuna a poetisa Elsa Fernández. Dedicada á difusión de todas as publicacións galegas ou de interese galego por América, imprimiu diversos catálogos onde se informaba sobre a actividade bibliográfica en Galicia. Tivo diversas filiais en Rosario, Santa Fe, Mar del Plata, Santiago de Chile, Montevideo e Caracas. A partir de 1960 compatibilizou o labor divulgador co editorial e pasou a tirar do prelo algúns títulos en galego. Ademais, encargouse de organizar tres destacadas exposicións de libros galegos: a primeira no Centro Lucense de Bos Aires (xullo de 1958), a segunda na Casa de Galicia de Caracas (setembro 1959), e a terceira no Banco de Galicia de Montevideo (1960).