Follas Novas
Follas Novas
Semanario de tendencia galeguista editado en 1897 en La Habana. Tivo como subtítulos “Revista semanal ilustrada” e “Semanario científico, literario y defensor de la colonia gallega”. Cesou a súa edición o 6 de setembro de 1908. Fundada por J. Raimil e Antonio de P. Cea, foi dirixida en distintas etapas polo propio editor Antonio de P. Cea, Alfredo Fernández e Adelardo Novo. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Manzana Central. Tratábase dunha revista de información xeral que se ocupaba da vida social da colonia galega e española en Cuba. Nos seus contidos amosa unha preocupación pola identidade de Galicia e analiza temas históricos, como os dos mártires de Carral.