Follas Novas

Follas Novas

Sociedade editora fundada por Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda en Bos Aires o 15 de xullo de 1957. No período 1961-1964 dirixiuna a poetisa Elsa Fernández. Dedicada á difusión de todas as publicacións galegas ou de interese galego por América, imprimiu diversos catálogos onde se informaba sobre a actividade bibliográfica en Galicia. Tivo diversas filiais en Rosario, Santa Fe, Mar del Plata, Santiago de Chile, Montevideo e Caracas. A partir de 1960 compatibilizou o labor divulgador co editorial e pasou a tirar do prelo algúns títulos en galego. Ademais, encargouse de organizar tres destacadas exposicións de libros galegos: a primeira no Centro Lucense de Bos Aires (xullo de 1958), a segunda na Casa de Galicia de Caracas (setembro 1959), e a terceira no Banco de Galicia de Montevideo (1960).

Palabras veciñas

Follas Novas | Follas Novas | Follas Novas | Follas Novas | Follas Roxas | Follas Secas | follata