Follas Secas
Follas Secas
[PUBLIC]
Revista cultural editada en Ourense a partir de maio de 1985. Cesou a súa edición no segundo semestre de 1987 (nº13). Subtitulada “Información, creación e humor”, estaba dirixida por Xosé Manuel del Caño e Manuel Díaz Olleros. Nun principio tivo unha periodicidade mensual que logo pasou a ser bimensual e semestral. Malia que a maior parte dos seus textos se redactaron en galego, incluíu tamén algunhas colaboracións en castelán e portugués. A revista estruturouse en tres grandes bloques: o primeiro incluíu información cultural e literaria, o segundo creacións orixinais, e o terceiro humor gráfico. Ademais, dedicou algúns números monográficos a Rosalía de Castro, Uxío Novoneyra, Castelao e Manuel María.