"Franconia" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
REXIÓNS
Rexión do N de Baviera, Alemaña. Esténdese polo val do Main ata os contrafortes do macizo de Bohemia e chega polo S ata o Danubio. Está formada por unha degradación de terrazas que alternan con elevacións de terreos ricos en bosques e pastos. O clima é continental suave. Carece de recursos mineiros, a excepción de augas mineromedicinais. Ten abundantes cultivos de cereais, froiteiras, produtos de horta, lúpulo e, nas vertentes dos vales, viña. A industria concéntrase en Fürth e en Nuremberg.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Territorio feudal constituído no ano 840 polo testamento do Emperador Luís o Piadoso, o que provocou unha longa loita entre os leopoldinos e os conradinos pola súa posesión. Conrado I de Xermania tomou posesión do ducado no 906 que pasou ao seu irmán Eberard no 918 e rebelouse contra o rei de Xermania Otón I o Grande. Á súa morte en Andernach (939), o rei apropiouse do ducado e repartiu unha parte entre o bispo de Würzburg e a abadía de Fulda. O resto dividiuse en dous ducados, o oriental e o occidental, que pasaron ao rei, despois emperador, Conrado II o Sálico e aos seus sucesores ata Enrique V. Dende o s XVI o nome aplicouse ás dúas provincias bávaras de Bayreuth e Würzburg.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Altiplano situado en Baviera, Alemaña. Está formado por rochas calcarias do Xurásico, atravesado por profundos vales dos afluentes do Danubio.