Franconia, ducado de

Franconia, ducado de

Territorio feudal constituído no ano 840 polo testamento do Emperador Luís o Piadoso, o que provocou unha longa loita entre os leopoldinos e os conradinos pola súa posesión. Conrado I de Xermania tomou posesión do ducado no 906 que pasou ao seu irmán Eberard no 918 e rebelouse contra o rei de Xermania Otón I o Grande. Á súa morte en Andernach (939), o rei apropiouse do ducado e repartiu unha parte entre o bispo de Würzburg e a abadía de Fulda. O resto dividiuse en dous ducados, o oriental e o occidental, que pasaron ao rei, despois emperador, Conrado II o Sálico e aos seus sucesores ata Enrique V. Dende o s XVI o nome aplicouse ás dúas provincias bávaras de Bayreuth e Würzburg.