"Froila" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 12.
-
PERSOEIRO
Dominicano. Profesor de teoloxía en Alcalá, en 1698 foi nomeado confesor de Carlos II. Procesado por difundir a idea de que o rei estaba enfeitizado, pasou longos períodos en cárceres inquisitoriais ou recluído en diversos conventos. Declarado inocente baixo a influencia de Filipe IV (1704), foi nomeado bispo de Ávila, pero morreu antes de ocupar o cargo. O seu proceso publicouse entre 1787 e 1788.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino xermánico da mesma orixe ca Froilán. Levaron este nome varios reis medievais de Asturias e León.
-
PERSOEIRO
Rei de Asturias (757-768), fillo e sucesor de Afonso I o Católico. Enfrontouse e venceu os exércitos de ‘Abd al-Ra ḥ mān I en Galicia e o Douro, e as sublevacións de vascos e galegos. O seu dominio en Galicia parece que se limitou ao curso alto do Miño, onde favoreceu a instalación de inmigrantes como na repoboción mozárabe de Samos. Atribuíuselle a fundación de Oviedo, a onde trasladou a capitalidade do seu reino. Reformou o clero e emprendeu outras medidas disciplinarias que provocaron diferentes rebelións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Asturias (910?-925), de León (914-925) e de Galicia (924-925), fillo de Afonso III o Magno. Trala morte do seu pai, o reino dividiuse entre os irmáns e correspondeulle Asturias, mentres que García recibiu León e Ordoño II Galicia. Á morte dos seus irmáns desprazou os seus sobriños e converteuse no rei dos tres territorios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo de orixe xermánica, composto de Frauji ‘señor’ e land ‘terra, patria’. San Froilán (833-905) é patrón do concello de Lugo. A súa festa celébrase o día 5 de outubro.
-
GALICIA
Bispo de León (900-905). Viviu como ermitán nos montes de Curueño dende o 851, na compaña do sacerdote mozárabe Atilano e dedicouse a predicar polo Bierzo. Tras fundar un mosteiro en Viseu, recibiu amplos poderes de Afonso III para que colaborase na repoboación e evanxelización dos territorios conquistados ata o Douro. Tamén fundou os mosteiros de Tábara e Moreruela de Tábara, dos que foi abade. No ano 900 foi ordenado sacerdote e logo consagrado bispo de León. Adquiriu sona de sabio e predicador, e mesmo de profeta. Principal patrón da cidade de Lugo e da súa diocese, as súas reliquias venéranse nas catedrais de León e Lugo. Na iconografía leva vestiduras de monxe ou de bispo con mitra e báculo, e como atributos un lobo amansado. A súa festividade celébrase o día 5 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político chileno. Doutorado en Economía pola Duke University, EE UU (1966), e profesor de economía na Universidad de Chile (1957-1972), tralo golpe de estado de 1973 exiliouse e traballou no programa de estudios de Posgrao en Ciencias Sociais da UNESCO (1975-1978). Volveu a Chile en 1978 como responsable do Programa Rexional de Emprego da ONU. Presidiu a Alianza Democrática (1983-1984) e o Comité de Izquierda por Elecciones Libres (1987). Entre 1990 e 1992 foi ministro de Educación no goberno de P. Aylwin Azócar e, posteriormente, de Obras Públicas no de Eduardo Frei. En 1998 renunciou ao cargo e dedicouse á candidatura presidencial. O 16 de xaneiro de 2000 foi elixido presidente de Chile para o período 2000-2006 pola Concertación.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor e escritor. Doutor en Filosofía e Teoloxía na Univesidade gregoriana de Roma e en Filosofía e Letras pola Universidad de Madrid, estudiou no Seminario Conciliar de Lugo e ordenouse sacerdote en 1925. Da súa obra destacan Las oraciones gramaticales en los clásicos latinos (1928), Q. Tulii Ciceronis. Comentariolum Petitiones (1951) e Brevísima sinopsis de Prosodia y Métrica épica (1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Da súa produción destacan 14 poemas (1976), Despacios (1980), Teaza de brétema (1994) e Por un presa de machacantes (1996). Gañador dun accésit no certame de narracións breves Modesto R. Figueiredo nos anos 1988 e 1991, conseguiu o primeiro premio en 1992 co relato “A Pin-Up de Beatiful Street”. Ademais gañou o IX Premio Eusebio Lorenzo Baleirón de poesía coa obra Dende unha nada núa (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Lugo. De estilo barroco, foi capela do antigo hospital de San Xoán de Deus. Tralo incendio do hospital en 1878, converteuse en igrexa parroquial baixo a advocación do patrón da cidade en 1893. Construíuse a finais do s XVII, e ten unha soa nave. No retablo maior destaca a imaxe de san Froilán; na fachada, a portada arquitrabada, a fornela coa imaxe de san Bertomeu e o ático coa imaxe de san Rafael. Nos extremos atópanse dúas torres xemelgas formadas polo corpo das campás e rematadas con cúpulas e bólas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre galego, conde de Traba. Aliouse con Diego Xelmírez para defender os dereitos de Afonso Reimúndez, de quen era titor xunto coa súa muller, como rei de Galicia, fronte ás aspiracións de Afonso I de Aragón. Coa proclamación de Afonso Reimúndez como rei (Afonso VII, 1111), a liñaxe dos Traba converteuse nunha das máis destacadas e influentes na corte ata a primeira metade do s XIII. Foi encarcerado pola Raíña Urraca en 1123.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Paleógrafo e anticuario. Estudou letras en Salamanca e foi procurador síndico do concello de Betanzos e comisario de montes dos distritos de Santiago de Betanzos. Publicou El archivo cronológico-topográfico. Arte de archiveros... (1835) e El cazador gallego con escopeta y perro (1837).
VER O DETALLE DO TERMO