"GB" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28.

  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Costa do Marfil (3.850 km2; 203.730 h [1988]). Ocupa unha superficie de altitudes inferiores aos 200 m, próxima ao litoral do Golfo de Guinea. Cultivos forestais (madeiras preciosas) e de plantación (cacao, café, plátano). A capital, Agboville (26.914 h [1988]), ao NO da capital do estado, Abidjan, está situada no ferrocarril entre esta cidade e Ouagadougou (Burkina Faso).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Irmán pequeno de Khublai e Möngke. Á morte de Möngke (1259), axudado polos príncipes mongois contrarios a Khublai, é proclamado sucesor do khanato (1260), pero Khublai venceuno sen grande esforzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Presidente de Nixeria (1985-1993). Membro da etnia fulani, recibiu adestramento militar na India, en Gran Bretaña e nos EE UU. Sendo xefe do Estado Maior do exército nixeriano -cargo ao que accedera en 1984-, dirixiu o golpe de estado do 27 de agosto de 1985 que o nomeou Presidente de Nixeria. Levou a cabo unha serie de reformas constitucionais que pretendían estabilizar politicamente o país e equilibrar a convivencia entre as etnias. Derrotado por Abiola nas eleccións, declarounas nulas e nomeou un goberno dirixido por Adegunle Oladeinde Shonekan, quen dirixiu o país ata que un novo golpe de estado militar os derrocou e tiveron que exiliarse (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Presidente de Nixeria (1985-1993). Membro da etnia fulani, recibiu adestramento militar na India, en Gran Bretaña e nos EE UU. Sendo xefe do Estado Maior do exército nixeriano -cargo ao que accedera en 1984-, dirixiu o golpe de estado do 27 de agosto de 1985 que o nomeou Presidente de Nixeria. Levou a cabo unha serie de reformas constitucionais que pretendían estabilizar politicamente o país e equilibrar a convivencia entre as etnias. Derrotado por Abiola nas eleccións, declarounas nulas e nomeou un goberno dirixido por Adegunle Oladeinde Shonekan, quen dirixiu o país ata que un novo golpe de estado militar os derrocou e tiveron que exiliarse (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de China, na rexión do Leste, ao NO de Nanquín (449.245 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político tory inglés. Tivo unha actuación decisiva no Tratado de Utrecht (1713). Acusado de conspiración a favor de Xacobe Estuardo, fuxiu a Francia, onde foi ata 1715 secretario de Estado do pretendente á Coroa. Escribiu Reflections upon Exile (Reflexións sobre o exilio, 1716) e Idea of a patriot King (A idea dun rei patriota, 1749).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e filósofo neerlandés. Foi profesor na Universidade de Amsterdam (1912-1955), un dos fundadores da topoloxía moderna e o principal representante da escola matemática intuicionista, que se opón ás escolas axiomática de D. Hilbert, e loxicista, de G. Frege, G. Peano e B. Russell. A postura intuicionista négase a aceptar a existencia do infinito actual e o principio lóxico do terceiro excluído, e só considera como entes matemáticos os que se poden obter construtivamente. Os seus traballos básicos desenvolvéronse no campo da epistemoloxía e da fundamentación das matemáticas. É autor de Intuitionism and Formalism (Intuicionismo e formalismo, 1914), Zur Begründung der intuitionistischen Mathematik (Fundamentación da matemática intuicionista, 1924-1927) e Consciousness, Philosophy and Mathematics (Consciencia, filosofía e matemáticas, 1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e enxeñeiro inglés. Estudiou os fenómenos termodinámicos relacionados cos enxeños de vapor de auga. Introduciu o termómetro de resistencia de platino, máis exacto ca os anteriores, e propuxo unha ecuación de estado coñecida como ecuación de Callendar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua pertencente á familia lingüística Atlántico occidental do phylum níxer-congo que se fala en Ghana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de carácter educativo aparecida na Coruña nos anos cincuenta do s XX. Tiña unha periodicidade semanal e na súa elaboración participou Luis Iglesias de Souza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Wessex (802-839). Exiliado na corte de Carlomagno durante o reinado de Offa de Mercia, recuperou o seu reino (802) e ampliou os seus dominios aos reinos de Kent, Cornualla e Mercia (825). Foi o primeiro monarca saxón recoñecido como soberano de toda Inglaterra (828) e cara ao 830 foi recoñecido soberano de East Anglia e Northumbria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo (732-735) e arcebispo de York (735-766). Discípulo de Beda o Venerable, foi o primeiro arcebispo da diocese. Reformou e organizou a súa arquidiocese coa introdución do sistema parroquial e fundou a escola de York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sigla do Reino Unido na placa de Estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de Malmöhus, Suecia, no län de Escania (117.737 h [2000]). Situada no estreito de Resund, é un núcleo industrial importante, con construción naval, industria electromecánica e do calzado. Do seu patrimonio cultural destacan a Mariakyrkan (s XIV), a torre Kärnan (s XVII) e o castelo de Sofiero (s XIX).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comité de Seguridade do Estado creado en 1954 para dirixir os servicios de seguridade da URSS, con competencias fundamentalmente de policía política no interior e de espionaxe no exterior. Foi disolta en 1991.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. É autor de Rembrandt als Erzieher (Rembrandt educador, 1890), en que postulaba unha rexeneración do pobo xermánico representada na figura do pintor holandés.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mangbetu ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo mangbetu.

    3. Pobo que habita as ribeiras do Uelé, afluente do Congo, na República Democrática do Congo. Dedícanse á agricultura, traballan a madeira, o coiro e o marfil e tamén son comerciantes. A súa organización social é moi complexa e fortemente xerarquizada.

    4.   Lingua do phylum nilo-sahariano que fala o pobo mangbetu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Zhejiang, China, situado na rexión do Leste (552.540 h [1990]) Situada na confluencia do Yongjiang e do Yaojiang, é un porto fluvial. Sede dunha antiga colonia portuguesa (1522-1542), foi un dos primeiros portos abertos ao comercio europeo polo Tratado de Nanquín (1843). Ao S da cidade atópase a pagode de Tian Fengta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor noruegués. De tendencia simbolista, rompeu coa época naturalista no seu país. Da súa produción destacan Digte (Poemas, 1893), To novelletter (Dúas narracións, 1895), Korset (A cruz, 1896), a obra de teatro De røde dreaber (As gotas vermellas, 1897) e En praests dagbog (Diario dun pastor, 1900).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Oyo, Nixeria (730.000 h [1996]). É unha cidade agrícola onde destacan os cultivos de cereais, cacao e algodón. Conta tamén con industrias téxtiles.

    VER O DETALLE DO TERMO