Babangida, Ibrahim Gbadamosi
Babangida, Ibrahim Gbadamosi
Presidente de Nixeria (1985-1993). Membro da etnia fulani, recibiu adestramento militar na India, en Gran Bretaña e nos EE UU. Sendo xefe do Estado Maior do exército nixeriano -cargo ao que accedera en 1984-, dirixiu o golpe de estado do 27 de agosto de 1985 que o nomeou Presidente de Nixeria. Levou a cabo unha serie de reformas constitucionais que pretendían estabilizar politicamente o país e equilibrar a convivencia entre as etnias. Derrotado por Abiola nas eleccións, declarounas nulas e nomeou un goberno dirixido por Adegunle Oladeinde Shonekan, quen dirixiu o país ata que un novo golpe de estado militar os derrocou e tiveron que exiliarse (1993).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Minna