"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • encrucillado

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma sufixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘grao’ ou ‘paso’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma sufixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘descrición’, ‘tratado’, ‘escritura’ ou ‘representación gráfica’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma sufixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘escrito’ou ‘gráfico’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa medieval de tradición románica, situada na parroquia homónima do concello de Boiro, construída nos primeiros anos do século XIII. Mestúranse nela elementos románicos cos propios do estilo gótico. É interesante a colección de canzorros dos beirís da nave e da ábsida, algúns deles figurados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrofísico norteamericano, director do Observatorio de Washington. Estudiou a distribución da enerxía no espectro solar ao cuantificar mediante o pirheliómetro o valor e a temperatura do Sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Regra establecida por Richard Abegg segundo a cal a suma das valencias máximas positiva (respecto ao osíxeno) e negativa (respecto ao hidróxeno) dun elemento é igual a 8, agás nos metais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade cultural fundada en Ribadavia en decembro de 1969. Orientada especialmente á xuventude, desenvolve un amplo abano de actividades: conferencias, debates, concursos literarios, artísticos ou deportivos. Celebra recitais musicais, organiza exposicións de cerámica, serigrafías, pintura e representacións teatrais. Entre 1973 e 1980 organizou a Mostra de Teatro Galego e o Concurso de Obras Teatrais en Galego. Entre os gañadores do concurso destacan Manuel María, Euloxio Rodríguez Ruibal e Xose Luís López Cid coas obras O meu mundo non é diste reino, Zardigot e Eilbrief, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Academy of Motion Picture, Arts And Sciences.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Academia ideada en 1764 entre a Real Xunta de Comercio e Moeda e o Intendente do Exército e Reino de Galicia, Xulián Robiou. En 1765 celebrouse o acto inaugural da institución, que habería representar o espírito da Ilustración. Robiou designou 24 membros entre maxistrados, militares e altos funcionarios da administración, terratenentes da nobreza comarcal da Coruña e varios académicos residentes nas outras seis capitais do antigo Reino de Galicia. Entre eles foi elixido o padre Sarmiento, que se negou a aceptar o título de Académico de Honor. Reuníronse durante dez anos para discutir asuntos relacionados coa decadencia da agricultura en Galicia e os seus posibles remedios, fomentar os cultivos máis convenientes e incorporar ao agro galego medios técnicos axeitados coa finalidade de obter mellores colleitas. Tamén redactaron memorias e publicaron informes que non haberían de contar co apoio dos poderes públicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario agrarista aparecido en Caldas de Reis o 15 de agosto de 1917 como “Órgano de la Federación del partido judicial de Caldas de Reis”. Nel introdúcense comentarios anticaciquís de interese para as 16 sociedades agrarias federadas e publicidade sobre cultivos, maquinaria agrícola, feiras e mercados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación quincenal aparecida en outubro de 1920 na vila de Ortigueira, e que cesou en 1926. De tendencia católica-agraria, foi dirixida por Vázquez Gundín e continuou o labor emprendido polo Boletín de los Sindicatos Católico-Agrarios de Ortigueira (1919). Terá constantes enfrontamentos con La Voz de Ortigueira por diferencias ideolóxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Gana, que se estende ao redor da cidade homónima, capital do país (2.593 km2 ; 1.696.170 h [estim 1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que permite rexistrar graficamente as variacións da aceleración dun corpo en movemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Descrición científica das menciñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de actinómetro que rexistra as medicións que fai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diagrama resultante dun actinógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de técnicas de rexistro e medida que permiten coñecer cronoloxicamente a actividade dun animal. Co conxunto de datos actográficos realízase o actograma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á actografía.

    VER O DETALLE DO TERMO