"Gaetano" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Traballou fundamentalmente no N de Europa. Realizou a igrexa católica da Hofkirche en Dresde (1738) e os proxectos dunha das fachadas do palacio real de Varsovia (1740). En 1746 foi nomeado membro da Accademia de San Luca. Publicou un libro de gravados titulado Ornamenti diversi di porte e finestre (Diversos adornos de portas e ventás, 1743-1744) e publicou os folletos Plans, profils et façade de la nouvelle Eglise catholique à Dresde (Planos, seccións e fachada da nova igrexa católica de Dresde, 1740) e Sentimento sopra la pretesa riparazione nella cupola di San Pietro (Sentimento sobre a pretendida reparación da cúpula de San Pedro, 1742).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor italiano. Discípulo de J. Simon Mayr en Bergamo, posteriormente trasladouse a Nápoles onde compuxo óperas, exerceu a docencia e dedicouse á dirección para logo marchar a París e á corte austríaca. A estrea de Anna Bolena (1830) supuxo o seu lanzamento internacional. Nas súas óperas mesturou o dramático e o cómico, e cultivou nalgunha delas un estilo próximo á ópera bufa rossiniana, como en L’elisir d’amore (O elixir de amor,1832) e Don Pasquale (1843), e outro tipicamente romántico, con temas históricos e novelescos, onde empregou técnicas do bel canto, como Lucrezia Borgia (1833), Maria Stuarda (1835) e Lucia di Lammermoor (1835). En París acadou grande éxito con La Favorite (A favorita, 1840) e La fille du régiment (A filla do rexemento, 1840), e despois en Viena con Linda di Chamonix (1842), onde foi mestre da capela imperial. Ademais, compuxo pezas de cámara, cancións, cantatas e música...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tommaso de Vio.
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Formado en Ferrara, Florencia e Milán, iniciouse nun estilo romántico e recibiu a influencia do divisionismo, sobre o que publicou escritos teóricos, e o simbolismo (Maternità, 1891). Centrouse nun simbolismo ampuloso e alegórico ou místico e en 1907 organizou a Sala dei Sogno da Bienal de Venecia. Ilustrou contos de E. A. Poe e I promessi sposi de A. Manzoni.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Violinista e compositor italiano. Estudou con T. Gelosio e percorreu Europa como concertista. Estreou óperas en Londres e Turín, como Achille in Sciro (1785) e música de cámara. Foi mestre do gran violinista Giovanni B. Viotti.
VER O DETALLE DO TERMO