Donizetti, Gaetano
Compositor italiano. Discípulo de J. Simon Mayr en Bergamo, posteriormente trasladouse a Nápoles onde compuxo óperas, exerceu a docencia e dedicouse á dirección para logo marchar a París e á corte austríaca. A estrea de Anna Bolena (1830) supuxo o seu lanzamento internacional. Nas súas óperas mesturou o dramático e o cómico, e cultivou nalgunha delas un estilo próximo á ópera bufa rossiniana, como en L’elisir d’amore (O elixir de amor,1832) e Don Pasquale (1843), e outro tipicamente romántico, con temas históricos e novelescos, onde empregou técnicas do bel canto, como Lucrezia Borgia (1833), Maria Stuarda (1835) e Lucia di Lammermoor (1835). En París acadou grande éxito con La Favorite (A favorita, 1840) e La fille du régiment (A filla do rexemento, 1840), e despois en Viena con Linda di Chamonix (1842), onde foi mestre da capela imperial. Ademais, compuxo pezas de cámara, cancións, cantatas e música sacra.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bergamo -
Deceso