"Galeuzca" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista mensual editada a partir de agosto de 1945 en Bos Aires. Subtitulouse “Galiza-Euzkadi-Catalunya. Revista mensual”. Cesou a súa edición en xullo de 1946. Na súa redacción participaron destacados políticos e intelectuais exiliados do réxime franquista que enviaban as súas colaboracións dende as principais capitais do mundo. A súa lingua vehicular era o castelán. Incluíu artigos sobre política e cultura, cunha especial atención á problemática lingüística da Península Ibérica. En 1976, Akal publicou unha antoloxía dirixida por X. Alonso Montero e, ao ano seguinte, apareceu unha edición facsímile en Durango (Bizkaia) coordinada por Leopoldo Zugaza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado o 25 de xullo de 1933 entre forzas políticas de Catalunya, Euskadi e Galicia que pretendeu conseguir maiores cotas de autogoberno e autonomía para as respectivas nacionalidades no marco dun estado federal ou confederal, ou encamiñarse directamente á independencia. Pretendeu, en primeiro termo, conxuntar o esforzo das tres nacionalidades para mellor valerse contra o centralismo, na loita pola consecucións dos estatutos de autonomía. O nome de Galeuzca foi utilizado por primeira vez polo líder catalán Conangla i Fontanilles en 1924, pero a historia das relacións entre as nacionalidades comezou coa sinatura da Triple Alianza (11.9.1923), con aspiracións independentistas, que curtou a Ditadura de Primo de Rivera. Coa instauración da Segunda República volveuse falar da consecución dunha entente entre as tres nacionalidades, lideradas no Congreso de los Diputados por Unió Democrática de Catalunya e Acció Catalana Republicana, polo Partido Nacionalista Vasco e por Ultreya e o Partido...