Galeuzca
Galeuzca
[PUBLIC]
Revista mensual editada a partir de agosto de 1945 en Bos Aires. Subtitulouse “Galiza-Euzkadi-Catalunya. Revista mensual”. Cesou a súa edición en xullo de 1946. Na súa redacción participaron destacados políticos e intelectuais exiliados do réxime franquista que enviaban as súas colaboracións dende as principais capitais do mundo. A súa lingua vehicular era o castelán. Incluíu artigos sobre política e cultura, cunha especial atención á problemática lingüística da Península Ibérica. En 1976, Akal publicou unha antoloxía dirixida por X. Alonso Montero e, ao ano seguinte, apareceu unha edición facsímile en Durango (Bizkaia) coordinada por Leopoldo Zugaza.