"Gao" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 25.

    1. Relativo ou pertencente aos ágaos.

    2. Grupo de tribos do leste de África que viven en determinados lugares de Tigre e de Eritrea.

    3. Grupo de linguas cuixíticas faladas, en diversas variedades dialectais, nalgúns illotes de poboación do altiplano abisinio de lingua etiópica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe parto que se fixo monxe budista. Dirixiu contra o ano 150 d C a primeira tradución ao chinés de Amitayus Sutra, de tendencia amidista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro artístico inaugurado en Lisboa en 1984 e situado nun edificio deseñado por sir Leslie Martin, anexo á sede do museo histórico da Fundação Calouste Gulbenkian. Naceu coa intención de crear un lugar dedicado á produción artística do s XX, formado por tres departamentos: museo, documentación e investigación e creación artística. Ademais das salas permanentes, ten salas de exposicións temporais, auditorio, biblioteca-centro de documentación, servizo pedagóxico e servizo de investigación. Na súa primeira etapa desenvolveu revisións históricas de artistas como Paula Rego, Almada Negreiros, Dacosta ou o grupo de ilustradores dos anos vinte. Posteriormente, amosou a obra dos artistas máis significativos de Portugal nas últimas décadas, como Cabrita Reis, Rui Chafes ou Pedro Calapez. Abriuse tamén aos artistas internacionais con exposicións dedicadas a R. Serra e Paolín, e á arte do s XX no Brasil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro constituída por Amancio Ortega, presidente do grupo Inditex, cun capital inicial de 10.000 millóns de pesetas o 10 de xullo do 2001. Entre os seus obxectivos destacan o desenvolvemento e modernización dos procesos de ensino e aprendizaxe mediante a incorporación de tecnoloxías avanzadas nos centros escolares. Os seus proxectos comezaron co apoio á educación primaria e infantil no Centro de Ensino Infantil e Primaria Ponte dos Brozos, de Arteixo (A Coruña). Está prevista a súa extensión aos campos da educación, da cultura, da investigación e da ciencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Abadín baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Mali (170.572 km2; 408.000 h [estim 1995]). A súa capital é Gao (54.874 h [1987]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título honorífico, equivalente a ‘excelencia’, que se lles daba durante a chamada época gaonítica (ss VI-XIII) aos mestres do período postalmúdico e, sobre todo, aos xefes das academias babilónicas. Tiñan poder relixioso, lexislativo e xudicial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Violinista, compositor e director de orquestra. Comezou unha carreira como concertista de violín por diversos países, e en 1895 saíu dende o porto de Vigo cara a Cuba, México e Arxentina. Estableceuse en Bos Aires e exerceu a docencia musical, compaxinada cos concertos por América e Europa, e creou o seu propio conservatorio. En 1925 instalouse en Francia e en 1933 definitivamente en Bos Aires, centrándose no ensino e na composición. Autor de música orquestral, de cámara, cancións, transcricións, himnos, pezas pianísticas e para violín, da súa produción destacan as suites para piano Aires gallegos e Nuevos aires gallegos, a ópera Amor vedado, a sinfonía En las montañas de Galicia, o poema sinfónico Crepúsculo en la Alhambra, a peza para orquestra e corda Impresión nocturna, a canción para piano Rosa de abril, inspirada no poema de Rosalía de Castro, e o Himno al centenario de la Independencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz de teatro, cine e televisión. Coñecida como Lola Gaos, iniciou a súa carreira teatral no campo afeccionado e despois da Guerra Civil fixo estudios de Arte Dramática no exilio, de onde volveu en 1943 para debutar pouco despois no teatro María Guerrero. A súa carreira sempre estivo marcada por papeis secundarios en espectáculos como La casa de Bernarda Alba ou De San Pascual a San Gil. Da súa extensa filmografía cómpre sinalar títulos como: Molokai (1959) de L. Lucía; Viridiana (1961) e Tristana (1969) de L. Buñuel; El Verdugo (1963) de L. G. Berlanga; Mi querida señorita (1972) de J. de Armiñán; e Furtivos (1975) de J. A. Bardem.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Da súa produción poética destaca Sobre la tierra (1945), Profecía del recuerdo (1956), Poesías completas (1959) e Un montón de sombra (1972). Os seus estudios críticos recolléronse nos volumes La poética de Campoamor (1955), Poesía y técnica poética (1955), Temas y problemas de literatura española (1959) e Claves de la literatura española (1971). Postumamente concedéuselle o Premio Nacional de Poesía (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Centrou os seus estudios na análise do pensamento como actividade, ao que considerou unha vocación de carácter persoal. Influído polo existencialismo alemán, deseñou unha teoría do suxeito humano na que destacou a relevancia da expresión humana. Entre as súas obras destacan Pensamiento de lengua española (1945), Filosofía mexicana de nuestros días (1954), Confesiones profesionales (1958), Orígenes de la filosofía y su historia (1960) e Del hombre (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión da República de Guinea (11.503 km2; 135.657 h [1983]). A súa capital é Gaoual (6.500 h [1965]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Maharashtra, India, ao N da chaira do Deccan (241.603 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Mahārā Palatino; ṣ h Palatino; ṭ ra, India, situado sobre o río Girna, a 100 km ao NL de Nāsik (342.431 h [1991]). É un centro agrícola e industrial de produtos téxtiles e algodón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Niigata, situada na illa de Honshū, Xapón (192.407 h [1997]). É un núcleo industrial de petróleo moi importante. A finais do s XVIII foi capital de Xapón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico xaponés. Elaborou pouco despois que Rutherford unha teoría estrutural do átomo moi semellante á deste. Estudou as ondas radioeléctricas que reflectían sobre capas superiores ionizadas da atmosfera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Bangladesh, situada á beira do río Atrai (101.266 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario. En 1963 fundou Confecciones GOA dedicada á confección de batas con ombreiras fabricadas con menos custos, distribuídas e vendidas directamente a prezos menores ca a competencia, e en 1975 inaugurou a primeira tenda Zara na Coruña. Expandiu os seus negocios da rama téxtil por todo o mundo. O alto volume de negocios das súas empresas levouno á creación de Inditex (1985), grupo que preside e que en 2001 comezou a súa cotización no mercado bolsista. A través doutras sociedades participa tamén en empresas doutros sectores, como o eléctrico e a construción. En 2001 creou a Fundación Amancio Ortega, que ten como finalidade o desenvolvemento e modernización dos procesos de ensino e a incorporación de tecnoloxías avanzadas nos centros escolares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi bibliotecario da Biblioteca de Ajuda e oficial de secretaría da Academia Real das Ciências de Lisboa. Adoptou unha actitude contraria á de Antero de Quental na polémica Questão Coimbrã (1865), que iniciou a literatura moderna en Portugal, e exerceu unha grande influencia en escritores posteriores. Escribiu O mistério da estrada de Sintra (1870), en colaboración con Eça de Queirós, co que tamén elaborou os folletíns As Farpas. Realizou tamén crónicas de viaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO