"Gil" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 160.

  • Xénero de herbáceas da familia das gramíneas, con inflorescencias de espiguiñas illadas e sentadas de tres ou catro flores, glumas iguais e ata catro aristas no ápice. En Galicia aparecen en ambientes secos da área mediterránea as especies A. geniculata e A. triuncialis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cardeal e político. Chanceler de Castela e Cardeal en Aviñón, nomeado por Clemente Vl (1350). Inocencio Vl encomendoulle a pacificación e reconquista dos Estados Pontificios de Italia. A súa misión consistía en recuperar o patrimonio de San Pedro, caído nunha situación anárquica baixo o dominio de diversos señores italianos. Convocou un Parlamento Xeral en Fano, onde se aprobaron as célebres Constitucións Exidianas, vixentes nos Estados Pontificios ata finais de 1816. O Papa proclamouno “pai e salvador da Igrexa” e encargoulle a Penitenciaría Apostólica (1357-1358). No ano 1360 incorporou definitivamente Boloña aos Estados Pontificios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Colaborou sobre temas da súa especialidade en La Idea Moderna. Publicou o folleto de divulgación La profilaxis venérea en el Ejército. Higiene social (1909).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gil Álvarez de Albornoz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra francés. Foi discípulo de D. Milhaud, de O. Messiaen e de P. Boulez. Hai que destacar, entre as súas obras: Diaphonies, para dous grupos de doce instrumentos; Sonata pian ‘e forte (1974), para dúas voces e conxunto de cámara; e Une saison en enfer (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Pertenceu ao paso entre o Modernismo e o Novecentismo. Estudiou en Barcelona e París. Expuxo en Barcelona en 1900; en Venecia, en 1903 e 1905 (ano en que foi nomeado Mestre da Bienal) e en 1907; en Bos Aires (1910) e en Roma (1911). Tomou parte na exposición do Instituto Carnegie (1924) e na Exposición Internacional de Barcelona (1929). O comezo da súa obra sitúase nunha órbita postimpresionista, pero derivou cara a un preciosismo retórico no que abundaban os temas folclóricos. A partir dos anos vinte dedicouse á paisaxe, especialmente á de Mallorca. Ao morrer, a súa casa de Pollença foi convertida en museo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada na costa nordés de Madagascar, está formada por unha fosa tectónica invadida polo Índico de 65 km de lonxitude e 30 km de anchura. No fondo da badía está o porto de Maroantsétra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recompilación de poemas transmitidos baixo o nome de Virxilio. A denominación aparece por vez primeira na edición da escolma feita por I. I. Scaliger (1573). A paternidade virxiliana da recompilación foi recoñecida pola Antigüidade e o Medievo. Poucos cren hoxe na autenticidade de todo o libro: sen dúbida só son virxilianos uns cantos epígrafes (2, 4, 5, 8 e 11); a maioría de textos restantes deberon ser escritos entre os ss I e II d C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizadora cinematográfica. Comezou a súa carreira dirixindo curtametraxes e documentais. O seu filme My briliant career (1979) conseguiu once premios do Instituto de cine de Canadá, incluíndo o de mellor directora e mellor película. Coa súa nova versión de Little women (Mulleriñas, 1994) baseada na novela homónima de Louise May Alcott, consolidouse en Hollywood. Dirixiu, entre outros filmes, High tide (En busca do pasado, 1986) e The last days chez nous (Os últimos días nos que permanecemos xuntos, 1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie máis alta do Ordoviciano, constituído por pizarras, que descansa enriba do Caradociano e baixo o Llandoveriano (Siberia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Ashgiliano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moluscos da clase dos bivalvos que teñen a cuncha alongada en forma de tubo. O extremo superior do mesmo está tapado por unha lámina perforada. Viven soterrados perpendicularmente no fondo da area. Son propios dos mares cálidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mofos da subdivisión ascomicotina, de coloración diversa, con conidióforos de extremo globuloso, cuberto de fiálides que producen rosarios de conidiósporas. Abundan sobre materias orgánicas en descomposición e son produtores de aflatoxinas. Hainos que son parasitos de animais como o A. fumigatus, causante da asperxilose. Outras especies úsanse na elaboración de bebidas alcólicas a base de arroz como o sake, na produción de salsa de soia e na industria queixeira. Pola facilidade do seu cultivo puro e do seu ciclo de vida curto empregáronse como material en investigación xenética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento de Tyrone (Irlanda), situado na aba dun outeiro que domina unha braña. É o asentamento máis antigo do Neolítico irlandés (3650 a C). A súa ocupación continuouse ata o Neolítico final e a época do vaso campaniforme. A análise de pole mostra avances e retrocesos no cultivo do trigo e da cebada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi ministro de Obras Públicas e de Facenda, alcalde de Bogotá e embaixador no Reino Unido e nos EE UU. Líder do Partido Liberal, exerceu a Presidencia do país de 1986 a 1990.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e economista. Profesor de Historia Económica na Universidade de Santiago de Compostela. Foi senador pola Coruña do Partido Socialista Obrero Español (PSOE) na segunda (1982-1986) e terceira lexislatura (1986-1989), na que foi membro da Comisión Permanente do Senado, Asuntos Exteriores e Presupostos. Publicou Población, propiedad de la tierra y formación del mercado agrario en Galicia 1900-1930 (1983), Prosperidade e atraso en Galicia durante o primeiro terzo do século XX (1990) e As raiceiras históricas do cooperativismo agrario en Galicia (2013). Así mesmo, realizou un estudo sobre o labor de Cruz Gallástegui e sentou as bases para unha bibliografía sobre a cuestión foral galega. Foi decano da Facultade das Ciencias Económicas e Empresariais da USC entre o 2003 e o 2007, impartindo docencia na área de Historia e Institucións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e compositor francés. É autor de cancións de temas moi variados. Así mesmo, foi intérprete e compositor de música para o cine (Casino de Paris, 1957), e autor dunha cantata L’enfant à l’étoile (O rapaz na estrela, 1961) e da Opéra d’Aran (Ópera de Aran, 1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico francés. A violencia nos seus filmes policiais é unha das súas principais características. Traballou con Alain Delon. Dirixiu Haro (Xustiza, 1978), Rue Barbare (Rúa Bárbara, 1984), Urgence (Urxencia, 1985), Dancing machine (A máquina que baila, 1990) e Le vent de la toussaint (O vento da santa, 1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Estudiou en Madrid e Roma. Autor dun gran número de monumentos en València (Marqués de Campo), tivo tamén unha participación importante no conxunto monumental dedicado a Afonso XII situado no Retiro de Madrid. A súa facilidade e a súa seguridade déronlle un gran sentido espectacular e descritivo. Fixo unha síntese ecléctica entre a escultura barroquizante, a de raíz impresionista, cos elementos máis retóricos do Modernismo e unha certa narrativa dinámica, a miúdo dentro do efectismo premeditado e cargado de toques naturalistas. En Santiago de Compostela existen varios exemplos da súa obra en bronce: Lápida do Cardeal Martín de Herrera (1923) ou o Monumento a Montero Ríos. Recibiu a primeira medalla na Exposición de Belas Artes de Madrid en 1884 coa obra Accidente e en 1887 coa estatuta de Ribera doada a València. Foi membro da Academia de San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor valón. Está considerado o autor máis interesante da primeira metade do s XV no campo da canción profana. Parafraseou melodías tomadas do gregoriano e fixo moito uso do falso bordón. Compuxo fragmentos de misas, unha vintena de motetes, antífonas, catro magníficats, salmos e himnos.

    VER O DETALLE DO TERMO