Benlliure i Gil, Mariá
Escultor. Estudiou en Madrid e Roma. Autor dun gran número de monumentos en València (Marqués de Campo), tivo tamén unha participación importante no conxunto monumental dedicado a Afonso XII situado no Retiro de Madrid. A súa facilidade e a súa seguridade déronlle un gran sentido espectacular e descritivo. Fixo unha síntese ecléctica entre a escultura barroquizante, a de raíz impresionista, cos elementos máis retóricos do Modernismo e unha certa narrativa dinámica, a miúdo dentro do efectismo premeditado e cargado de toques naturalistas. En Santiago de Compostela existen varios exemplos da súa obra en bronce: Lápida do Cardeal Martín de Herrera (1923) ou o Monumento a Montero Ríos. Recibiu a primeira medalla na Exposición de Belas Artes de Madrid en 1884 coa obra Accidente e en 1887 coa estatuta de Ribera doada a València. Foi membro da Academia de San Fernando.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : El Grau -
Deceso
Lugar : Madrid