"Gines" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 11.

  • GALICIA

    Realizador cinematográfico. Desenvolveu o seu labor profesional como cámara e editor da produtora Iris-Ferrol, e exerceu como profesor de imaxe en diversos obradoiros para rapaces. Entre as súas obras destacan: A Sociedade de Instrución e Recreo de Fene; Fenestra; Evocando a Celso Emilio; 25 de xullo, día da patria galega; A arte románica en Galicia e A arte barroca galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Foi cirurxián da familia real e catedrático de Obstetricia do Real Colegio de San Carlos de Madrid (1814). Destituído en 1824 polas súas opinións políticas, foi rehabilitado tempo despois. Impulsou o plan de reforma do ano 1827 que uniu as ensinanzas de medicina e cirurxía. Entre os seus escritos destaca Memoria sobre el arreglo de la ciencia de curar (1836). En 1846 outorgóuselle o título de marqués de la Salud.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado a poñente da capital provincial (8.634 h [1996]). Destaca a agricultura (oliveiras, viña, cereais e legumes) e as industrias derivadas. Coñecida en época romana co nome de Vergelium Lulii Genitoris, foi señorío dos Zúñiga ata o s XVI, época na que pasou aos Guzmán. Do seu patrimonio cultural destacan a ermida de Santa Rosalía (1723), a facenda do Santo Ángel (s XVIII) e o palacio do conde de Gines (s XVII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Traballou na decoración do Palacio Real de Madrid e fixo algúns grupos para o Pesebre de Carlos IV. Nomeado escultor de cámara honorario (1794), interveu na decoración da Casita del Príncipe en El Escorial e na Casa del Labrador en Aranjuez. Foi académico de mérito da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1814) e primeiro escultor de Fernando VII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustradora e escritora. Especializouse na ilustración de libros infantís e xuvenís. Dirixe a revista Tretzevents e é autora de obras como L’oca d’or (1984), dos irmáns Grimm, Valentina (1988), En Patufet (1988), Txa-txa-txà (1994), Blanc o negre (1997), La bruixa dels panellets (1996) e a serie sobre Pau i Pepa. Recibiu, entre outros, o Premio Lazarillo (1987) e o Premio Nacional de Ilustración (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático e político, conde de Ofalia e marqués de Heredia. En 1832 foi nomeado ministro de Fomento. A finais de 1837 encabezou un goberno moderado que caeu ao ano seguinte. Foi senador pola provincia de Lugo nas lexislaturas 1837-1838 e 1840-1841.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Artista renacentista protexido polo abade Maximiliano de Austria, ao ser este nomeado bispo de Cádiz encargoulle a construción da igrexa de Santa Cruz ou catedral vella e a finalización do claustro grande de Los Arrayanes ou del Cementerio na cartuxa da Defensión de Jerez de la Frontera. En 1603, ao ser promovido o seu mecenas ao arcebispado de Santiago de Compostela, converteuse en mestre de obras da catedral, onde realizou o peche do coro, o estribo da torre das campás e a escalinata da fachada principal, na praza do Obradoiro. Reordenou a praza da Quintana, dirixiu a obra do claustro do convento de San Francisco e do colexio de San Clemente e interveu na igrexa de San Martiño Pinario (1611). Escribiu Cerramientos y trazas de montea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Estudiou e exerceu como avogado ata que abandonou o seu traballo pola fotografía. Interesado por todos os movementos de vangarda, foi pioneiro no uso da fotografía como fonte de documentación arquivística. Inventariou todas as fotografías en función da súa temática (escultura, arquitectura, paisaxes ou xentes), constituíndo un retrato iconográfico da Catalunya de comezos do s XX, o chamado Arxiu Mas (1900).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Participou na guerra de Las Alpujarras (1569) e escribiu Guerras civiles de Granada, unha obra dividida en dous libros con personaxes e feitos comúns, pero temporalmente distanciados en máis de medio século. Centrada na ocupación mourisca de Granada, a primeira parte publicouse en 1595, e coñeceuse co título de Historia de los vandos de zegríes y abencerrages; a segunda, en 1619.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, XI conde de Lemos, VIII marqués de Sarria e grande de España. Foi capitán xeneral das galeras de Nápoles (1692), vicerrei de Sardeña e xentilhome de cámara de Carlos II e Filipe IV. Recibiu o Toisón de Ouro (1692). Foi o derradeiro home da liñaxe dos Castro na casa de Lemos e sucedeuno a súa sobriña Rosa María de Castro e Centurión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista. Cronista de Carlos V (De rebus gestis Caroli V) e de Filipe II (De rebus gestis Philippi II), traduciu a Aristóteles e Alexandre de Afrodisia. Antierasmista, combateu a Bartolomé de Las Casas.

    VER O DETALLE DO TERMO