Gines
Gines
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado a poñente da capital provincial (8.634 h [1996]). Destaca a agricultura (oliveiras, viña, cereais e legumes) e as industrias derivadas. Coñecida en época romana co nome de Vergelium Lulii Genitoris, foi señorío dos Zúñiga ata o s XVI, época na que pasou aos Guzmán. Do seu patrimonio cultural destacan a ermida de Santa Rosalía (1723), a facenda do Santo Ángel (s XVIII) e o palacio do conde de Gines (s XVII).