"Glendale" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • CIDADES

    Cidade do estado de California, nos EE UU (180.040 h [1990]). Xurdida arredor da actividade mineira (1886), constitúe un suburbio de Los Angeles. Foi fundada en 1798 por J. M. Verdugo co nome de Rancho San Rafael e desde 1887 pasou a denominarse Town of Glendale. Do seu patrimonio cultural destacan as casas dos Verdugo (1860), de San Rafael (1871) e dos Taylor (1873).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Arizona, nos EE UU, situada no Salt River Valley, ao L de Phoenix (148.130 h [1990]). Fundada no s XIX, converteuse durante a Segunda Guerra Mundial no lugar de entrenamento dos pilotos norteamericanos. Do seu patrimonio cultural destaca o Sahuaro Ranch (s XIX).

    VER O DETALLE DO TERMO