Lenzites
Lenzites
[FUNGO]
Xénero de fungos basidiomicetos, himenomicetos, da orde dos poriais, que teñen o sombreiro coriáceo, con láminas delgadas e anastomosadas en forma de poros. Son comúns en todo tipo de árbores. En Galicia atopamos a especie L. betulina, que carece de pé, e vive sobre coníferas ou caducifolias durante todo o ano.