Lenzol

Lenzol
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que trae por armas, en campo de prata, un crecente de azul. Algúns levan, en campo de ouro, tres faixas de goles; outros ostentan, en campo de prata, tres bandas de sable. Outra variante é un escudo partido: a primeira partición, en campo de goles e cunha banda de prata, está cargada dunha cotiza de azul e esta, á súa vez, de tres flores de lis e prata; a segunda partición, en campo de prata, ten un crecente de azul.

Palabras veciñas

Lenzites | lenzo | lenzoá | Lenzol | Leo | Leo Minor | Leo, Leonardo