Glendale

Glendale

Cidade do estado de California, nos EE UU (180.040 h [1990]). Xurdida arredor da actividade mineira (1886), constitúe un suburbio de Los Angeles. Foi fundada en 1798 por J. M. Verdugo co nome de Rancho San Rafael e desde 1887 pasou a denominarse Town of Glendale. Do seu patrimonio cultural destacan as casas dos Verdugo (1860), de San Rafael (1871) e dos Taylor (1873).