"Gobi" (Contén)
Mostrando 16 resultados de 16.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista bilingüe aparecida na Coruña o 2 de xuño de 1990, editada polo Centro de Publicaciones do ministerio do Interior. Subtitulouse “Revista de la Administración General del Estado en la Comunidad Autónoma Gallega” e contou coa colaboración de José María Álvarez, Perfecto Hermida e Begoña Cristeto, entre outros. Dividiuse nas seccións: “Sumario”, “Informes”, “Consejo de Ministros”, “Datos”, “Inversiones” e “Documentos”. Incluíu artigos referentes á economía e aos orzamentos, á xustiza, á alimentación, á educación e á ciencia e outros casos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
asta rexión desértica de Asia oriental, que se estende polo S de Mongolia e polo N de China (1.036.000 km2). É un altiplano cuberto por dunas e pedregais e limitado por montañas, cunha altitude de 800 a 1.000 m. Pola súa situación, é un deserto frío e dunha grande aridez, de clima continental rigoroso. A escasa poboación concéntrase arredor dos numerosos oasis, pero a maioría dos habitantes son nómades e dedícanse á cría de cabras, ovellas, cabalos e camelos. As antigas rutas das caravanas convertéronse en estradas e pistas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ajmag de Mongolia (74.700 km2). A capital é Mandal-Gobi (54.400 h [estim 1979]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ajmag de Mongolia (165.400 km2; 46.200 h [estim 1998]). A capital é Dalan-Dzadagad (10.000 h [1979]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ajmag de Mongolia (109.000 km2; 49.900 h [estim 1998]). A capital é Sain-Šand (11.100 h [1979]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ajmag de Mongolia (141.400 km2; 141.400 h [estim 1998]). A capital é Altaj (13.700 h [1979]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formón de media cana que usan os carpinteiros e outros artífices para labrar superficies curvas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Traballar con gobia.
-
-
Relativo ou pertencente aos góbidos.
-
Peixe da familia dos góbidos.
-
Familia de peixes actinopterixios da orde dos perciformes, que se caracterizan polo feito de ter o corpo pequeno e fusiforme, os ollos en posición superior e moi xuntos, dúas aletas dorsais, unha caudal redondeada e aletas pelvianas fusionadas por debaixo formando un disco adhesivo. A maioría das especies son mariñas, entre as que existe o gobio, pero tamén inclúe unhas 400 especies de auga doce.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos gobiesócidos.
-
Peixe da familia dos gobiesócidos.
-
Familia de peixes teleósteos á que pertencen os peixes lapa.
-
-
PERSOEIRO
Diplomático e escritor francés. Publicou traballos de erudición e narracións de carácter stendhaliano. Da súa produción destaca Essai sur l’inégalité des races humaines (1853-1855), en que introduce unha interpretación das civilizacións fundamentada nas razas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Coñecido como Franck, inicialmente dedicouse á literatura ata que en 1845 decidiu centrarse na fotografía. Nese ano trasladouse a Barcelona e en 1849 abriu un estudo de daguerrotipos especializado en retratos. A partir de 1854 impartiu clases de fotografía e dedicouse á venda de material fotográfico. Asociouse con Wigle en 1855 e dous anos máis tarde regresou a París, onde deu clases na Escola Politécnica. O seu estudo parisino foi un dos máis coñecidos do Segundo Imperio. Neses anos traballou o negativo de papel e, posteriormente, interesouse polo colodión e os papeis leptográficos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Peixe actinoteripxio perciforme, da familia dos góbidos, de corpo longo, pequeno tamaño, pero cabeza e boca grandes. Viven xeralmente nas costas e rías, aínda que existen especies doceacuícolas, que posúen as aletas ventrais unidas formando un disco adhesivo que lles permite fixarse aos fondos fluviais. A especie máis común é o gobio negro (Gobius niger) que é de color gris con manchas negras e ventre branco.
-
[Gobiu
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes, da familia dos góbidos, ao que pertencen os gobios.
-
(Raipur 1922) Bioquímico estadounidense. Estudiou na Universidade de Punjab (Lāhaur) e na de Liverpool, onde se doutorou en 1948. Sintetizou moléculas pequenas de ARN e participou no desciframento do código xenético, razón pola que en 1968 lle outorgaron o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, xunto con con R. Holley e M. Nirenberg.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes, da familia dos góbidos, de tamaño menor aos 15 cm de lonxitude, de corpo opaco subcilíndrico e escamas ctenoides, agás na caluga. En Galicia a especie máis común e L. friesii, que presenta caluga sen escamas e aleta caudal lanceolada.