"Golfín" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • PUNTA

    Punta do litoral da parroquia de Doniños, no concello de Ferrol, situada entre o cabo Prioriño e a praia de Doniños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira setentrional da ría de Arousa, situada no litoral oriental da parroquia do Xobre, no concello da Pobra do Caramiñal.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mamífero cetáceo odontoceto que pertence ás familias dos delfínidos (golfiños mariños) e platinísticos (golfiños de auga doce). Entre os mariños encóntranse o golfiño común (Delphinus delphis); o golfiño de peteiro branco (Lagenorhynchus albirostris) que pode alcanzar os 3 m de lonxitude; o golfiño de Risso (Grampus griseus), moi cosmopolita, ou o golfiño de peteiro longo (Stenella longirostris) do golfo de Guinea. Aos golfiños de auga doce pertencen o golfiño do Plata (Stenodelphis blainvillei), o máis pequeno de todos os cetáceos; o golfiño amazónico (Inia geoffrovensis), o golfiño de China (Lipotes vexillifer) ou o do Ganxes (Platanista gangetica).

      2. golfiño común

        [Delphinu

      1. Peixe que, entre os primeiros cristiáns, simbolizaba a Xesús e o crente. Ás veces representaba tamén o gran peixe que enguliu a Xonás no Antigo Testamento; ao verse este tema como prefiguración da morte e resurrección de Cristo, o golfiño pasou a simbolizala.

      2. Peixe que, segundo Aristóteles, en Grecia tiña fama de ser o máis veloz de todos os animais, tanto mariños coma terrestres; de feito, polo seu tamaño e velocidade acadou o título de “rei da auga”. Ademáis diso, destacou tamén o seu instinto maternal, a súa apacibilidade e mansedume na súa relación co home, especialmente cos nenos e mozos. Plinio di que gustan da harmonía dos instrumentos, e eles mesmos emiten unha ampla gama de sons: risos, choros ou notas musicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira revista infantil de banda deseñada en galego publicada por Edicións Xerais de Galicia a partir de 1999. Saía mensualmente. Rematou a súa edición no número catorce, en xuño do ano 2001. Coordinada por Miguel Vázquez Freire, Fausto Isorna encargábase do apartado artístico. Estaba dirixida a rapaces entre oito e doce anos. En maio de 2002 comezou a súa segunda época da man de La Voz de Galicia que cesou o 25 de xaneiro de 2004.

    VER O DETALLE DO TERMO