Golfiño

Golfiño
[PUBLIC]

Primeira revista infantil de banda deseñada en galego publicada por Edicións Xerais de Galicia a partir de 1999. Saía mensualmente. Rematou a súa edición no número catorce, en xuño do ano 2001. Coordinada por Miguel Vázquez Freire, Fausto Isorna encargábase do apartado artístico. Estaba dirixida a rapaces entre oito e doce anos. En maio de 2002 comezou a súa segunda época da man de La Voz de Galicia que cesou o 25 de xaneiro de 2004.

Palabras veciñas

Golfín, O | Golfiña | golfiño | Golfiño | golfista | golfístico -ca | 1 golfo