Golfiño
Golfiño
[PUBLIC]
Primeira revista infantil de banda deseñada en galego publicada por Edicións Xerais de Galicia a partir de 1999. Saía mensualmente. Rematou a súa edición no número catorce, en xuño do ano 2001. Coordinada por Miguel Vázquez Freire, Fausto Isorna encargábase do apartado artístico. Estaba dirixida a rapaces entre oito e doce anos. En maio de 2002 comezou a súa segunda época da man de La Voz de Galicia que cesou o 25 de xaneiro de 2004.