golfiño

golfiño
  1. [ANIMAL]
    1. s m

      Mamífero cetáceo odontoceto que pertence ás familias dos delfínidos (golfiños mariños) e platinísticos (golfiños de auga doce). Entre os mariños encóntranse o golfiño común (Delphinus delphis); o golfiño de peteiro branco (Lagenorhynchus albirostris) que pode alcanzar os 3 m de lonxitude; o golfiño de Risso (Grampus griseus), moi cosmopolita, ou o golfiño de peteiro longo (Stenella longirostris) do golfo de Guinea. Aos golfiños de auga doce pertencen o golfiño do Plata (Stenodelphis blainvillei), o máis pequeno de todos os cetáceos; o golfiño amazónico (Inia geoffrovensis), o golfiño de China (Lipotes vexillifer) ou o do Ganxes (Platanista gangetica).

      Sinónimos: golfín.
    2. s golfiño común

      [Delphinu

  2. s m
    1. [RELIX]

      Peixe que, entre os primeiros cristiáns, simbolizaba a Xesús e o crente. Ás veces representaba tamén o gran peixe que enguliu a Xonás no Antigo Testamento; ao verse este tema como prefiguración da morte e resurrección de Cristo, o golfiño pasou a simbolizala.

    2. [FILOS]

      Peixe que, segundo Aristóteles, en Grecia tiña fama de ser o máis veloz de todos os animais, tanto mariños coma terrestres; de feito, polo seu tamaño e velocidade acadou o título de “rei da auga”. Ademáis diso, destacou tamén o seu instinto maternal, a súa apacibilidade e mansedume na súa relación co home, especialmente cos nenos e mozos. Plinio di que gustan da harmonía dos instrumentos, e eles mesmos emiten unha ampla gama de sons: risos, choros ou notas musicais.

Palabras veciñas

golfín | Golfín, O | Golfiña | golfiño | Golfiño | golfista | golfístico -ca