"Gondomar" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Bieito que dá nome ao concello de Gondomar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca metropolitana de Vigo, situado na provincia de Pontevedra no SO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N co concello de Vigo, ao L cos de Tui (comarca do Baixo Miño), Vigo e O Porriño; ao O cos de Nigrán e Baiona (todos eles da comarca de Vigo) e ao S cos de Tomiño e Tui (ambos os dous no Baixo Miño). Xunto con Nigrán e Baiona integra a comarca natural do Val Miñor, articulada ao redor da conca deste río. Abrangue unha superficie de 74,5 km 2 cunha poboación de 13.371 h (2007), distribuída nas parroquias de Borreiros, Chaín, Couso, Donas, Gondomar, Mañufe, Morgadáns, Peitieiros, Vilaza e Vincios. A capital municipal é a vila de Gondomar, localizada a 42° 6’ de latitude N e 8° 45’ lonxitude O, 17 km ao S de Vigo e 110 km ao SO de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Vigo e á diocese de Tui-Vigo.
    Xeografía física
    O concello de Gondomar atópase baixo o dominio climático oceánico húmido, caracterizado por...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diego Sarmiento de Acuña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Bieito de Gondomar. De orixe medieval (ss XIV-XV), pertenceu a García Sarmiento de Soutomaior, señor de Gondomar e Vincios, e ao seu fillo Diego Sarmiento de Acuña, I conde de Gondomar. Construíuse arredor do corpo central ao que se lle foron engadindo diversos corpos ata constituír unha planta que se asemella a un U, pechado polo S e cun muro de contención que crea un patio de armas. O corpo principal ten tres alturas, dous os laterais e un o resto. A cuberta orixinal era de tella curva pero as reformas do s XIX cambiárona por tella plana a catro augas, no corpo central, e a tres, nos laterais. Conserva unha solaina, con acceso directo ao patio de armas, cuberta pola terceira planta, que se apoia en columnas sinxelas na zona central e pareadas nos laterais. Ao longo do corpo central da fachada N consérvase unha terraza e, pegada á casa, a capela, baixo a advocación de santa Ana. Segundo a tradición, nela atópanse os restos do mártir Tomé Maxfildeo e de san Abudio....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Gondomar. Construíuse no s XIX nun estilo neogótico de carácter historicista. Ten planta en forma de cruz latina con dous corpos pegados na fachada N que funcionan como un anexo á sancristía e almacén e outro na fachada S que conforma a sancristía, cuberta cunha bóveda de canón. A nave, de dous tramos, e a ábsida cóbrense con bóveda de aresta, e o cruceiro cunha cúpula que se erixe sobre catro pilastras. Nos seus extremos ábrense dúas capelas cubertas con bóvedas de aresta. Na fachada S hai un soportal cuberto cunha columnata de granito. Pegado a esta fachada figura un peto de ánimas con tres almiñas e a imaxe de san Bieito. A fachada principal está flanqueada por dúas pilastras laterais que simulan ter capiteis e que rematan en pináculos sobre a cuberta. A rúa central está adiante, e sobre ela sitúanse, de xeito aliñado, a porta, o rosetón, as armas de san Bieito e a torre campanario. A porta é de arco de medio punto peraltado e apóiase en dous pares de xambas,...

    VER O DETALLE DO TERMO