"Guéra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 41.

  • GALICIA

    Escritora e pianista. En 1916 publicou os seus primeiros traballos no Heraldo de Madrid e posteriormente pasou a formar parte da redacción de La Tribuna, á vez que colaboraba con outros periódicos e revistas (Pitorial Review, de Nova York, La Ilustración Artística, de Barcelona); así mesmo, en 1921 fundou en Madrid a revista mensual Ideales. A súa actividade musical levouna a dar concertos en diferentes lugares de Europa. Como escritora publicou Otro beso (1920) e Hacia el ocaso: evocación narrativa (1921) ten, ademais, unha comedia dramática en dous actos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenista. Foi campión de España absoluto en 1987. Xogador profesional dende 1988, gañou os seus primeiros torneos no circuíto da ATP en 1991 (Estoril, Montecarlo, etc). Especialmente hábil no xogo sobre pistas de terra batida, o seu esplendor viviuno entre 1993 e 1994, anos nos que se proclamou de xeito consecutivo campión do torneo de Roland Garros (campionato internacional de Francia, un dos catro que integran o Grand Slam), considerado o máis importante dos que se disputan sobre ese tipo de superficie. Integrante do equipo español, nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996 acadou a medalla de prata na categoría individual masculina. A súa mellor posición na clasificación mundial obtívoa en 1994, cando ocupou o 3º posto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial barcelonesa creada en 1942. Sucedeu á editorial El Gato Negro, fundada en 1912 por Joan Bruguera i Teixidó. En 1954 constituíuse en sociedade anónima. Publicou, principalmente, novela rosa, policíaca e libros e revistas infantís.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe toponímica. Trátase dunha forma castelanizada que corresponde ao topónimo Burgueira (Oia). Este nome de lugar é de significación escura; podería ser un derivado abundancial de burga ‘manancial de auga quente’.

    2. Liñaxe de orixe aragonesa que fundou casa no lugar de Burguera, pasando unha rama a Mallorca. As súas armas levan, en campo de prata, unha cruz de Santiago de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e político. Foi alcalde de Cádiz entre 1927 e 1931, e dende 1933, deputado pola súa circunscrición. Tralo levantamento militar de 1936, adheriuse ao movemento nacional e accedeu de novo á alcaldía entre xullo e agosto. O estadio e o torneo estival de fútbol que se disputan en Cádiz levan o seu nome dende 1955.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de artistas de orixe catalá que traballou en Madrid e Salamanca desde o s XVII. A súa orixe remóntase ao escultor Josep de Xoriguera, activo en Catalunya no s XVII. O seu fillo José Simón de Churriguera (? - Madrid 1682) estableceuse na capital e castelanizou o seu apelido. Entallador de retablos, os seus fillos tamén foron entalladores e arquitectos. José Benito Churriguera (Madrid 1665 - 1725) foi autor do proxecto do poboado de Nuevo Batzán (Madrid, 1707) por encargo do banqueiro Goyeneche. Tratábase dunha cidade industrial dotada dun palacio, unha igrexa, casas para os colonos e dependencias para a instalación dunha fábrica de vidros finos. Como entallador de retablos a súa obra desenvolveuse entre Madrid e Salamanca. Realizou o retablo maior da capela de Ayala, na catedral de Segovia (1686), o retablo maior do convento de San Esteban (Salamanca, 1692), o retablo maior e colaterais da igrexa do Salvador (Leganés, 1701) e o retablo maior da igrexa das Calatravas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político agrarista. Coñecido como Chinto Crespo, foi membro da Sociedade de Agricultura de Teis e do Directorio de Teis, organización da que foi secretario en 1908. Dirixiu a asemblea agrarista de Teis no 1907. Converteuse nun destacado orador -en lingua galega- nos mitins antiforais celebrados en Vigo, Lugo, A Coruña, Ourense e Pontevedra. En 1909 presentouse como candidato á alcaldía de Lavadores, ao tempo que asinaba, xunto con outros agraristas, numerosos panfletos contra os caciques da bisbarra viguesa. Esta campaña anticaciquil provocou o seu exilio á Estrada e Lalín, cidade na que reorganizou o movemento agrarista. En 1913 volveu a Vigo e á súa actividade anticaciquil no ámbito provincial, feito que lle valeu un posto no concello de Lavadores. Da súa produción xornalística consérvase unha pequena parte dos seus traballos, a maioría ensaios escritos en castelán, nos que amosa o seu anticaciquismo e a necesidade da organización dos labregos en sociedades de oficio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Membro do Partido Carlista, despois do Convenio de Vergara integrouse no exército isabelino. Participou na Vicalvarada xunto con O’Donnell e integrouse de novo no exército carlista en 1868. Foi nomeado xeneral en xefe das forzas do País Vasco a finais de 1872 e sucedeu a Lizárraga como comandante das forzas do Centro. Despois da guerra trasladouse a Francia e ao Reino Unido ata que regresou a España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa española de construcións mecánicas fundada no ano 1900, continuadora das antigas instalacións de Duro y Cía en Asturias. En 1966 incorporou o patrimonio siderúrxico de UNINSA (posteriormente ENSIDESA), e en 1967 agregou HUNOSA. A súa principal actividade é a fabricación de bens de equipamento para a industria siderúrxica, centrais hidroeléctricas e nucleares, cemento e minería. En 1991 SMDF transformouse en Grupo Duro Felguera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, na comarca de La   Canal de Navarrés (4.754 h [1996]). As principais actividades económicas son a agricultura (cereais e oliveiras) e a gandería. Tamén son importantes a industria téxtil e o turismo. De orixe prehistórica, a cidade desenvolveuse en época musulmá ao ser capital dun Iqlim. Tralo Tratado de Almizra (26.3.1244) pasou a depender da coroa aragonesa que lla cedeu primeiro á orde militar de Santiago de Uclés e, posteriormente, á familia valenciana dos Borja. Durante os ss XVIII e XIX desenvolveuse na vila unha importante industria de la, que entrou en decadencia tralo triunfo da Revolución Industrial. Do seu patrimonio cultural destacan os xacementos prehistóricos do Castillarejo e a Peña del Tossal; o poboado ibero do Cerro de Lucena; as vilas romanas de Faracuat e Alto de Vistabella; a igrexa de San Miguel Arcanxo do s XVI; o templo da Sagrada Familia no convento dos carmelitas descalzos do s XVII e a ermida de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, na marxe dereita do río Llobregat (14.501 h [1996]). A industria téxtil e a produción de materiais de construción son as principais actividades económicas. Tamén existe unha pequena industria tradicional de cerámica. Na agricultura destacan os cultivos de árbores froiteiras e viña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro mineirometalúrxico de Langreo, Principado de Asturias, na beira dereita do río Nalón. A explotación das minas de carbón impulsou o desenvolvemento industrial, que principiou coa construción do primeiro alto forno en 1858.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Na súa poesía reflectía o compromiso cívico do escritor ante a inxustiza social e a marxinación. Publicou Vencida por un ángel (1950), Los días duros (1953), Belleza cruel (1958), Toco la tierra (1962) e Antología total (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado. Adscrito ao Partido Demócrata, foi elixido por primeira vez deputado en 1851. Despois de ser elixido novamente deputado entre 1862 e 1865, en 1867 foi desterrado a Navarra pola súa actitude hostil contra os moderados; de novo en Madrid, fundou o periódico republicano federal La Igualdad (novembro de 1868). Nas eleccións de 1869 foi elixido deputado e encabezou a minoría republicana nas Cortes. Cando se proclamou a Primeira República foi designado presidente do poder executivo (12 de febreiro de 1873). Tras enfrontarse coa indisciplina militar, os intentos separatistas e os carlistas, dimitiu o 11 de xuño e marchou a Francia, de onde regresou aos poucos meses. En 1880 fundou o Partido Federal Orgánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante, humorista e escritor. En 1966 creou as personaxes Aspirino e Colodión e en 1968 Topolino. Colaborou, entre outros medios, en La Vanguardia co personaxe Don Plácido. En 1988 recibiu o Gran Premio do Saló del Cómic de Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Foi cofundadora do grupo Hespèrion XX e membro da Capella Reial de Catalunya. En 1991 debutou no Liceu con Una cosa rara, de Martín Soler, baixo a dirección de Jordi Savall. Obtivo o Gran Prix du Disque.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Xunto con Ramón Reventós construíu o Poble Espanyol na montaña Montjuïc (Barcelona), con motivo da Exposición Universal de 1929, onde representou as formas máis representativas da arquitectura española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (2.129 h [1996]). A súa economía baséase na industria agrícola e madeireira. A estación de ferrocarril que vai de València a Madrid, pasando por Almansa, está situada preto deste municipio. Do seu patrimonio cultural destacan as escavacións da igrexa de Santo Domindo, os restos da Vía Augusta e a igrexa da Natividade da Virxe María (s XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenista. Participou no equipo español de Copa Galea, que gañou en 1956 e 1957, e no de Copa Davis (1958-1960). Profesional dende 1960 ata 1971, foi campión do mundo en 1966. Xogou as semifinais de Wimbledon (1970) e gañou o Roland Garros (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor. Participou no Congreso Nacional Pedagógico de Madrid (1882) e no Congreso Regional de Pontevedra (1887). Foi director da Escola Normal de Pontevedra e do periódico La Reforma (1870-1871). Publicou Nociones de agricultura y sus aplicaciones más notables deducidas de las Ciencias físico-naturales y al alcance de todos (1860).

    VER O DETALLE DO TERMO