Betxí

Betxí

Municipio da provincia de Castelló de la Plana, Comunitat Valenciana, na comarca da Plana Baixa, na aba da cordilleira de Espadá (5.284 h [1996]). Os principais cultivos son as laranxas, oliveiras e amendoeiras. Hai gandería avícola e unha pequena industria tradicional de oleiros (cerámica de Betxí, melada e negra). A vila, de orixe islámica, trala conquista pertenceu aos señores, despois marqueses, de Ariza. Entre o patrimonio cultural cómpre salientar os xacementos ibéricos e romanos e o claustro renacentista do pazo señorial.