Burguera
Burguera
-
[ONOM]
Apelido de orixe toponímica. Trátase dunha forma castelanizada que corresponde ao topónimo Burgueira (Oia). Este nome de lugar é de significación escura; podería ser un derivado abundancial de burga ‘manancial de auga quente’.
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe de orixe aragonesa que fundou casa no lugar de Burguera, pasando unha rama a Mallorca. As súas armas levan, en campo de prata, unha cruz de Santiago de goles.