"Guadix" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, na beira dereita do río Fardes (3.357 h [1996]). A súa economía está moi vinculada á produción agropecuaria e mesmo as principais actividades industriais (azucreiras e papeleiras) se basean na transformación dos principais cultivos (cereais, remolacha e vide).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, drenado polo río homónimo (18.188 h [2001]). É o centro da comarca da Hoya de Guadix. Posúe agricultura (oliveiras, cereais, patacas e remolacha) e industrias derivadas, xunto con outras de cemento, cerámica e confección. Antiga colonia romana co nome de Iulia Gemella Acci, foi unha das primeiras dioceses da Hispania romana. En época musulmá constituíu xunto con Baza un importante reino de taifas (1145-1156), pero foi conquistada polos almohades e incorporada ao reino nazarita de Granada (1238). Do seu patrimonio cultural destaca a catedral renacentista.
VER O DETALLE DO TERMO