Hippocampus
Hippocampus
[ANIMAL/ICT]
Xénero de animais mariños de entre 10 e 15 cm de lonxitude e que pertencen á familia dos signátidos. Caracterízanse por presentar estrutura vertical, boca tubular e ausencia de aleta caudal. As especies deste xénero son coñecidas como cabalos ou cabaliños de mar.