Hipparion
Hipparion
[PALEONT]
Xénero de mamíferos perisodáctilos, da familia dos équidos, dunha medida intermedia entre o asno e a cebra, co cranio máis pequeno e baixo ca o dos cabalos, e con tres dedos nas extremidades: o dedo do medio, groso e acabado nunha pouta, e dous laterais pequenos. Durante o Mioceno, o Plioceno e o Plistoceno, coexistiron con outros xéneros de équidos, como o Neohipparion, Nannihippus e Pliohippus; este último evolucionou cara ao cabalo actual.