Hipparcos
Hipparcos
[ASTRON]
Nome do satélite astrométrico europeo no que se combinan as siglas High Precision Parallax Collection Satellite co nome do astrónomo grego Hiparco, que mediu a distancia entre a Terra e a Lúa e fundou a astronomía. Foi lanzado en 1989 e encargouse de medir con precisón a posición e o movemento de 120.000 estrelas. Coa información obtida elabórase o catálogo Hipparcos.