Benalúa de Guadix
Benalúa de Guadix
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, na beira dereita do río Fardes (3.357 h [1996]). A súa economía está moi vinculada á produción agropecuaria e mesmo as principais actividades industriais (azucreiras e papeleiras) se basean na transformación dos principais cultivos (cereais, remolacha e vide).